MOCIÓNS APROBADAS

Aprobadas as dúas mocións que levamos a pleno

As mocións sobre a recuperación do cauce do Río Louro e a eliminación do carrizo, levadas a pleno polo Bng aprobadas por unanimidade.

Aprobadas as dúas mocións que levamos a pleno

O Bng de Mos congratúlase da aprobación das mocións levadas a pleno polo seu grupo municipal ao pleno do mes de maio.

Ambas mocións supoñen un avance na calidade medioambiental do concello. A responsabilidade de todos os grupos políticos impúxose para levar adiante os acordos dos textos aprobados.

Na moción da recuperación do cauce do Río Louro, engadíuse a maiores do texto que se levou, que tamén é imprescindible a recuperación de todos os regatos que alimentan ao río, xa que o seu estado leva a que se desborden por riba das leiras por mor da falta de limpeza.

Na moción para a eliminación do Carrizo, chegouse ao acordo de levar adiante certas actuacións, unha delas sería a de publicar un bando, pero a máis importantes é a de facer charlas polas parroquias para que a veciñanza se dea conta da importancia de retirar esta planta dos seus terreos. Aquí xoga moita importancia a implicación do goberno do concello que se comprometeu a levar a cabo estas actuacións, aínda que non de xeito inmediato, si dando pasos certeros para que se chegue a eliminación desta planta invasora.

Para estos traballo, o goberno pode contar co apoio do Bng.

Mos a 06 de xuño do 2017

Miguel Anxo Aldea Moscoso

Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos

Tlf: 628 141 093