HB FULLER TRANSMÍTELLA A PESCADERÍAS VIGUESAS

O BNG en contra da transmisión da parcela municipal situada en Monte Cotiño

Parcela Monte Cotiño
Parcela Monte Cotiño

O que se poderìa ver coma unha boa nova cando se nos anuncia que unha empresa se vai afincar en Mos, queda en segundo plano cando se len os informes que hai no expediente.

O BNG en contra da transmisión da parcela municipal situada en Monte Cotiño

Por moito que se nos queira vender os empregos e demais demagoxias, na realidade o Bng só ve unha falta de concrección real nos papeis presentados. Os pregos de condicións de cesión das parcelas municipais, di claramente que en caso de transmisión do dereito de superfície, a nova empresa ten que adxuntar o Proxecto de actividade. E que atopamos no expediente ?, un mísero e único folio, sen data e sen nome do asinante, e que lonxe de ser un proxecto só é un mero relato de intencións.

O Bng considera moi grave esta aprobación xa que a falla deste Proxecto pode invalidar a transmisión. E así llo fixemos saber no pleno tanto ao governo coma á secretaria

Estamos seguros de que esta empresa suporá molestias aos veciños e veciñas da zona, pero en que grado afectarían non se pode saber precisamente pola falla deste Proxecto. A que procesos de manufactura e tratamento de peixe se refiren ? Que resíduos van xenerar ? Que ruídos? Non se sabe nada.

Realmente esta transmisión é un cheque en branco á nova empresa, xa que vai ter unha parcela moi ben comunicada por só 18.114 euros ao ano máis IVE, un enorme regalo.

 

Mos a 31 de xullo do 2017

Miguel Anxo Aldea Moscoso

Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos

Tlf: 628 141 093