DIVERSIDADE FUNCIONAL

O BNG denuncia o vergoñento trato dado as persoas con diversidade funcional

Fan unha festa nun local sin adaptar, e volven facer outra no mesmo local, pese as queixas das persoas presentes.

O BNG denuncia o vergoñento trato dado as persoas con diversidade funcional

     No Nadal de 2017 desde o concello de Mos convocouse aos diferentes Centros de Diversidade Funcional de Mos a celebrar a festa de Nadal na discoteca Queen. Dita festa ata esa data tiña lugar no multiusos de Mos e a noticia do cambio ilusionou os/as participantes xa que estes colectivos non adoitan a ocupar espazos lúdicos de esas características.

    A sorpresa dos/as participantes a dita festa foi maiúscula o chegar o recinto, pois carece de calquera tipo de dispositivo para permitir acceder ao mesmo, e xa dentro, para baixar a pista de baile onde se celebra a festa atópanse co mesmo problema, escaleiras e ningún tipo de rampa ou dispositivo auxiliar para acceder a mesma.

    Ante esta situación as persoas que os acompañan deciden baixar os/as usuarios en cadeira de rodas co esforzo que iso supón para non dividir en dous grupos aos asistentes á festa, e tamén polo dereito que teñen as persoas en ocupar os espazos lúdicos que calquera outra ocupa, vaia en cadeira de rodas ou non. Como se isto non fora suficiente na merenda para servir os refrescos detrás da barra unha única persoa e todos en fila, habería que ver se nunha noite de festa fan o mesmo, poñer a xente en fila cun único camareiro tras a barra e outra persoa controlando dita cola dicindo "tranquilos..." "calma..."

     Ante estas situacións varias persoas presentes pedíronlle explicacións a concelleira de Servizos Sociais e a contestación foi que lle "dixeron que estaba adaptada e que tiñan rampas" e que o sentía moitisimo...

    Pero vai ser que moito non o sinten desde o concello, pois o xoves 8 de febreiro volveuse a vivir a mesma situación na festa de Entroido dos Centros de Diversidade Funcional de Mos. Nin rampas, nin accesos preparados nin un trato digno cara estes colectivos.

     Desde o BNG esiximos que se o concello organiza unha festa para colectivos de diversidade funcional o seu deber é inspeccionar o local onde se vai facer e asegurarse de que este cumpra coa lexislación vixente a efectos de accesibilidade e se o mesmo non cumpre os requisitos buscar outro lugar. O que non quita que desde o concello se adopten as medidas necesarias para obrigar a ese local a cumprir a lexislación.

      Que no 2018 sigamos atopando espazos sen adaptar é vergoñento, e que o PP por segunda vez, volva a permitir este trato cara unha parte da sociedade é indignante.

 

Mos a 27 de marzo do 2018

Óscar Rodríguez Campo

Responsable local do BNG-MOS