FALSA UNIDADE ARREDOR DA A55

O BNG de Mos non cre na unidade de acción plantexada por Nidia Arévalo en defensa do comezo das obras da A55.

O BNG de Mos realizou unha rolda de prensa no día de hoxe no que estaban presentes representantes dos municipios colindantes, portavoz do BNG de O Porriño, responsable local de O Porriño e de Vigo, así coma o deputado Luís Bará.

O BNG de Mos non cre na unidade de acción plantexada por Nidia Arévalo en defensa do comezo das obras da A55.

     Os cidadáns de Mos e comarca, levamos sufrindo desde hai moitos anos a autovía A55. Alá polo ano 2015, a que entón é ministra de Fomento Ana Pastor anuncia o comezo dunhas obras de melloras nos carriles de incorporación e saída, dándolle a posibilidade, por exemplo, aos veciños e veciñas de San Eleuterio dun enlace directo hacia as súas casas.

   Estas melloras xa foran reclamadas polo BNG no parlamento español en reiteradas ocasións, a través dos nosos deputados e deputadas, facendo caso omiso tanto o PP coma o Psoe no seu momento.

   Pero nese momento, ano 2015, por suposto o BNG alégrase destas obras, que non teñen gran alcance, pero si aliviarían algo os defectos da autovía.

   O paso do tempo demostrou que todo segue sendo unha tomadura de pelo, Fomento descoñece os servizos que pasan pola súa autovía, descoñece os servizos que pasan polo vial de servizo ( telefonía, saneamento, ....), o que fai que retrase a obra; a inutilidade deste ministerio é clamorosa, paralizando as obras, que levan xa neste momento ano e medio paralizadas.

   No pleno de marzo 2018 , a alcaldesa de Mos, anuncia que toma a determinación persoal de dar un paso adiante na reclamación para que se reinicien as obras, para tomar esta decisión non consulta cos portavoces se non que de “motu propio” o anuncia.

   Éso xa é un mal comezo, pero o BNG aínda así adhírese a esta pretensión da alcaldesa.

   O tono unipersonal, o “eu alcaldesa...”, repítese de xeito constante en escritos remitidos ás casas dos cidadáns e a institucións, quedando relegados a segundo plano os demais membros da corporación, o que indica un manexo excelente pola súa parte da cuestión propagandística.

   O protagonismo, nun caso coma éste, ten que deixarse á cidadanía e conseguir que alguén independente sexa a voz que nos represente, pero en ningún momento se fixo nin se quixo facer, tendo moi claro o papel central e visible da alcaldía.

   Cando se lle remite un escrito ao presidente da Xunta, o ton que se utiliza é de absoluta submisión, chegando a pedir desculpas porque se ve na obriga de actuar, INCRIBLE pero certo.

   Ésto indica a submisión ao seu partido, e non aos intereses dos/as cidadáns de Mos. Eso si, o presidente da Xunta non di nada publicamente apoiando esta posición. Se realmente quere que lle fagan caso , e se Nidia Arévalo síntese ninguneada polo seu partido, que dimita dos cargos do PP, eso sí demostraría que está disposta a dalo todo por Mos. Pero eso non o fai, eso non.

   O BNG de Mos , nunha das reunións de portavoces, aportou varias ideas, facer unha manifestación contando con todos os concellos da comarca, escribir sendos escritos ao Valedor do Pobo e ao Defensor do Pobo, e tamén que desde a alcaldía se chamara aos alcaldes da contorna , incluso a Abel Caballero. Aínda que nun principio parece que a idea de exportar a nosa reclamación fora aceptada, ao final non se fixo, non se chamou a ningún dos alcaldes e alcaldesas da comarca. O que significa sinxelamente que Nidia Arévalo non quere que ninguén lle saque o protagonismo.

   Para o BNG é imprescindible que todos os concellos da comarca fagan forza xuntos, desde Vigo ate a Cañiza, desde Tui a Salceda, xa que todos os habitantes destes concellos sofren día a día esta autovía.

   O personalismo demostrado por Nidia Arévalo, demostra ao BNG, que se está a pensar nas eleccións do ano que ven, xa que as obras, máis tarde ou cedo van comezar de novo, e utilizará esa baza para quedar ben ante os veciños e veciñas.

   Se se quere demostrar que se traballa para Mos hai que por enriba da mesa toda a forza posible para avalar a túa posición, e pasaría por dimitir dos seus cargos do PP, e chamar a todos os alcaldes e alcaldesas da comarca, expandindo a nosa reclamación.

   Todo o exposto ate o de agora, leva ao BNG de Mos a retirarse do “consenso” artificial que hai nesta reclamación. E seguiremos traballando cos nosos medios coma ate o de agora, para que esta autovía se reforme, para que se libere a peaxe da autoestrada Vigo-Porriño Tui, e para que a nova autovía anunciada por Rajoy non volva destrozar ao noso concello.