O NEGOCIO DA SANIDADE

O BNG de Mos presenta una moción para que a Xunta faga un aparcamento no Álvaro Cunqueiro

Non poden evadirse da súa responsabilidade

O BNG de Mos presenta una moción para que a Xunta faga un aparcamento no Álvaro Cunqueiro

     En pleno debate sobre o aparcamento que está facendo o Concello de Vigo a carón do Álvaro Cunqueiro, o BNG de Mos esixe á Xunta de Galiza que faga ela un aparcamento nas parcelas que para uso dotacional ten perto do hospital.

   É moi sinxelo esixir aos demais mentras evade a súa responsabilidade. Sen esquecer o enorme despropósito que supón que o aparcamento do propio hospital estea en mans privadas, e eso si é responsabilidade directa da Xunta.

   Que Vigo vaia cobrar no seu aparcamento parécenos absolutamente insolidario cos demais habitantes da comarca, pero non deixa de ser comprensible ante a deixadez da Xunta en solucionar o problema de aparcamento que hai no hospital.

   Buscamos con esta moción que a corporación apoie a creación deste aparcamento o que pode mitigar en gran maneira un dos graves problemas que ten a nosa cidadanía cando vai ao hospital.

 

Mos a 06 de abril do 2018

Miguel Anxo Aldea Moscoso

Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos

Tlf: 628 141 093