A CASA POLO TELLADO

O Bng de Mos reúnese cos afectados polo proxecto do RC Celta en Mos

Polo de agora coas Comunidades de Montes e proximamente coas Comunidades de augas.

O Bng de Mos reúnese cos afectados polo proxecto do RC Celta en Mos

A obriga que ten o Bng de Mos é velar porque os dereitos dos cidadáns do concello non se vexan mermados por calquera tipo de proxecto que se queira levar a cabo no territorio municipal, sexa cal sexa o promotor de dito proxecto.

Por esta razón, o Bng de Mos mantén contactos coas Comunidades de Montes afectadas así como proximamente, coas comunidades de augas que verían danadas as captacións que dan auga a centos de veciños.

A inversión millonaria que parece que vai ter lugar, non é óbice para que as cousas non se fagan ben. Neste caso parece que se comezou a casa polo tellado, e anunciouse un investimento nun proxecto, sen ter asegurado nin un só metro cadrado de terreo.

O Bng seguirá fiscalizando todo este proxecto para evitar perxuizos aos nosos cidadáns

 

Mos a 22 de decembro do 2017

Miguel Anxo Aldea Moscoso

Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos

Tlf: 628 141 093