TRATAMENTO DE RESIDUOS

O BNG de Mos solicita a limpeza e desinfección dos colectores do lixo

Colectores lixo 1 (1)

Xa foron identificados varios niños de avespas baixo as pestanas dos contedores e algunhas persoas sufriron picaduras

Gustavo Barcia lamenta a existencia de verteduras incontroladas en distintos puntos do termo municipal

O BNG de Mos solicita a limpeza e desinfección dos colectores do lixo

Os colectores do lixo convertéronse nun perigo para os usuarios nalgúns puntos do concello de Mos. Coa chegada das altas temperaturas, as avespas fixeron os seus niños debaixo das pestanas dalgúns contedores e varias persoas sufriron xa as picaduras destes insectos. Por este motivo, o portavoz do grupo municipal do BNG, Gustavo Barcia,solicitou no último pleno que se proceda canto antes á limpeza e desinfección dos colectores situados na vía pública.

Segundo Barcia, a presenza das avespas non é o único problema que atopa a veciñanza ao achegarse aos colectores, xa que “a falla de mantemento fai que o cheiro sexa insoportable nas proximidades dalgúns puntos de depósito do lixo”. O concelleiro nacionalista considera que o servizo de recollida de residuos do concello de Mos “é manifestamente mellorable” e lamenta ademais a existencia de verteduras incontroladas en distintos puntos do termo municipal. Ante este problema, a única solución por parte do concello foi “facer unha publicación nas redes sociais solicitando responsabilidade á veciñanza”.

Colectores lixo 4 (1)

Punto limpo

O BNG de Mos defende que é preciso mellorar, con carácter xeral, o tratamento de residuos sólidos urbanos en todo o concello. Entre as múltiples cuestións que é preciso revisar, está a necesidade de ampliar os horarios do punto limpo da Veigadaña. Actualmente só está aberto os martes, os xoves e os sábados pola mañá, un horario que limita moito as posibilidades de facer uso deste servizo.

O BNG de Mos solicita a limpeza e desinfección dos colectores do lixo