MOCIÓN CARRIZO

O Carrizo un perigo para o ecosistema que vai a maiores.

O BNG de Mos na voz do seu portavoz municipal, Miguel Anxo Aldea, presenta unha moción para conter e/ou combater o deteriorio medioambiental que está a producir a invasión da Cortaderia Selloana, herba, penacho, plumeiro ou carrizo da pampa.

O Carrizo un perigo para o ecosistema que vai a maiores.

           O BNG de Mos na voz do seu portavoz municipal, Miguel Anxo Aldea, presenta unha moción para conter e/ou combater o deteriorio medioambiental que está a producir a invasión da Cortaderia Selloana, herba, penacho, plumeiro ou carrizo da pampa.

    As orixes deste grave problema hai que buscalo no seu emprego como planta de ornato, na mediana da que se denominou no seu día “Autopista do Atlántico”, hoxe AP-9.

    O feito anterior, un auténtico despropósito, un gravísimo atentado contra o medio ambiente e un delito, está a ser ignorado polas autoridades estatais, autonómicas, provinciais e municipais: excepción feita dalgún concello coma o de Oleiros ( A Coruña).

    A pasividade das autoridades é absolutamente contraditoria coa gravidade do problema. A Consellería de Medio Ambiente ten recoñecido que é unha das vinte plantas invasoras máis perigosas do Estado , e no noso concello vese proliferar no polígono da Veigadaña e moitos lugares públicos e privados.

    Dado que a Cortaderia Selloana representa un grave problema para a flora e fauna autóctona, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación Municipal a adopción dos seguintes acordos:

1.- Instar a: Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente; á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas; á Deputación Provincial e á Confederación Hidrográfica , á elaboración dun plan que permita combater a expansión da CORTADERIA SELLOANA, unha planta invasora que está destruíndo o noso ecosistema.

2.- Urxir ao Goberno Municipal a redactar un Bando Municipal informando da problemática . Facendo charlas polas parroquias para completar ese labor de información.

3.- Complementar a Ordenanza de Medio Ambiente cun novo apartado para prohibir a plantación e comezar a erradicación desta planta.

Mos 18 de maio do 2017