ORZAMENTOS XUNTA 2017

Enmendas orzamentos xunta 2017

Enmendas orzamentos xunta 2017

O Bng de Mos presenta enmendas aos orzamentos da Xunta 2017

O Bng de Mos presentou a través do parlamentario nacionalista Luís Bara, un conxunto de enmendas aos orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2017.
O Bng de Mos non deixa de loitar e traballar para a mellora da calidade de vida de todos/as as cidadáns do noso concello, e para iso, conta coa colaboración dos representantes que o Bng ten en calquera institución.

En total son tres enmendas que a continuación relatamos:

1. Mellora da accesibilidade ao CP de Atín, tras entrevistarnos cos/as responsables da ANPA do centro, se nos transmite a necesidade de mellorar a accesible ao centro, tanto para os alumnos/as como para os autobuses.

2. Recuperación do Catro de Torroso : este asunto forma parte do noso programa electoral nas últimas municipais, e consideramos necesaria a implicación plena da Xunta na posta en valor e a musealización deste castro

3. Remate da obra do vial entre Pereiras e Tameiga: obra que quedou a medias, e que é necesario o seu remate, pasando a asumir a titularidade a Xunta de Galiza

Estas obras cremos firmemente que son imprescindibles para mellorar a calidade de vida do día a día dos cidadáns de Mos. Esperemos contar co apoio de todos os partidos que teñen representantes neste concello para que a Xunta as leve a cabo.

Mos a 19 de xaneiro do 2017
Oscar Rodríguez Campo
Responsable local do BNG de Mos
Tlf.: 608088383.