AS OBRAS DO PP

A Fonte de Porto esnaquizada polo PP

Estado actual da fonte
Estado actual da fonte

O BNG demanda da alcaldesa a súa reposición inmediata, e denuncia o arranxo do camiño do Bosende sen permisos.

A Fonte de Porto esnaquizada polo PP

       Oscar Rodriguez Campo responsábel local do BNG denuncia que o P.P. vendeu un plan de posta en valor de fontes e lavadoiros que non deixa de ser un lavado de cara despois de que Nidia Arévalo non tivo escrúpulos en cegar a fonte de Porto.

    Esta actuación no camiño do Bosende conlevou ao concello, despois da denuncia feita polo BNG, a apertura dun expediente sancionador na conca hidrográfica Miño-Sil.

   Tamén indicamos que toda a obra feita no camiño do Bosende, e que repercute na fonte, foi feita sen permisos nin autorizacións despois de estar 11 meses derrubado o camiño a consecuencia das inundacións de febreiro do ano 2016.

   A alcaldesa Nidia Arévalo, despois de saír repetidas veces nos medios ca plana maior do seu partido vendéndonos eficacia, atopámonos con 11 meses de espera para arranxar 100 metros de camiño, e inda por riba sen cumprir a lexislación vixente.

   Que exemplo é isto para @s veciñ@s?, con que ética vai sancionar aos veciñ@s que incumpren a lexislación no noso concello cando dende o goberno local non se cumple tal lexislación?.

 

Oscar Rodriguez Campo

Responsabél Local do BNG

Tlf: 608088383