MENTIRAS PEPERAS

As promesas do PP que leva o vento

As promesas de mellorar a zona das Angustias e o Costilleta ata o de agora levounas o vento, no ano 2012 aseguraron que ían invertir 2,5 millóns

As promesas do PP que leva o vento

O PP de Mos xa nos ten acostumados a vender as obras na prensa mil e unha veces, pero é que chega un momento no que xa parece unha tomadura de pelo á cidadanía.

A zona que vai desde o Costilleta ate As Angustias e continúa pola N550, é unha zona que necesita imperiosamente unha mellora, e sobre todo, construir beirarrúas na zona do vial que pasa por riba da vía do tren, zona moi perigosa e que é empregada pol@s veciñ@s para ir dunha zona a outra.

A última vez que “vendeu a moto” enganando aos cidadáns o goberno, foi no ano 2012, onde prometeron unha inversión da Xunta de 2,5 millóns de euros, case nada a inversión, pero ate o de agora , non se mirou nin un euro.

Logo chegou o asfaltado no ano 2015, para ir tirando e poder seguir vendendo a humanización e melloras da zona máis tempo.

Pois ben, membros do goberno de Mos, a semana pasada unha persoa caeu na beirarrúa perto dun negocio de lavado na zona das Angustias, e foi debido ao pésimo estado das baldosas , inclusive acudíu unha ambulancia a atendela. Unha vergonza que demostra que o PP o que fai e pasar o rato no goberno, vender fume aos veciños e veciñas, e anunciar inversións noutros lados menos nesta zona.

Estado das aceras nas Angustias

Xa está ben de anuncios de investimentos que nunca levan a cabo, como o visto na prensa fai un par de días prometendo o arranxo na zona. O investimento nesta zona é urxente e esiximos que se leve a cabo.

Mos a 05 de xuño do 2017

Miguel Anxo Aldea Moscoso

Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos

Tlf: 628 141 093