O BNG apoia totalmente o escrito dos afectados polas preferentes que se vai tratar no pleno

O BNG apoia totalmente o escrito dos afectados polas preferentes que se vai tratar no pleno

PP e Psoe van a representar un gran acto de hipocresía.
Cando un partido como  o PP trae a pleno unha moción sobre as preferentes e subordinadas , un non pode máis que sorprenderse ate que punto pode chegar a hipocresía dalgúns partidos políticos.

O feito polo que se quería presentar esta moción non é outra que a tremenda presión efectuada polos afectados e afectadas polo fraude que os bancos e caixas fixeron, unha presión que leva a que  o PP reaccione e faga este tipo de mocións, que en ningún caso pensan levar adiante.

Pero foi nestes días cando os afectados presentaron un escrito no concello que querían fora repartido entre todos os partidos políticos, para tratar no pleno e apoialo alí como un texto que servira como moción conxunta de todos. Este escrito dos afectados, que conta co noso total apoio, servíu para demostrar a unión e a convivencia que neste tema teñen os dous grandes partidos do Estado español. Quíxose facer unha nota de prensa común dos tres partidos representados no concello, pero o BNG non estaba de acordo coa redacción que se fixera, e pese a eso, os dous grandes partidos pasáronse polo arco do triunfo o consenso e a mandaran igual á prensa.

Pero o que realmente é grave é a hipocresía que ambos partidos manteñen sobre este tema. O PP manda con maioría absoluta neste concello, na deputación, no goberno de Madrid e a dereita manda en Bruselas, e nos queren decir que non son capaces de lexislar para protexer ao estafados polos bancos e caixas?, por favor, un pouco de dignidade. Para cambiar a sacrosanta constitución si se poñen de acordo en 15 días, pero para poñer coto aos roubos dos bancos, para eso non se poñen de acordo. Ambos partidos están vendidos aos intereses da banca dun xeito absolutamente insultante . Hai que lembrar que o Psoe tamén gobernou e non fixo nada ao respecto.

Pois ben, o BNG sempre defenderá os intereses reais dos veciños, e esiximos a devolución total e sen condicións de todo o diñeiro que os pequenos aforradores invertiron enganados na estafa das preferentes e subordinadas, sen quitas de ningún tipo.

Os afectados e afectadas por este tema teñen sempre e terán o noso apoio, sen hipocresías de ningún tipo.

 

Mos a 30 de xaneiro do 2013

Miguel Anxo Aldea Moscoso

Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos