O BNG denuncia os malos cheiros dunha fábrica do Polígono da Veigadaña

O BNG denuncia os malos cheiros dunha fábrica do Polígono da Veigadaña

Está habendo queixas por parte dos cidadáns que viven aorredor

 

Hai pouco tempo, veu “ inaugurar” a fábrica AFAMSA, o presidente da Xunta de Galiza. Deseguro que ese día se tivo moito coidado de que os procesos que se levaban a cabo dentro da fábrica non produciran ningún cheiro hacia o exterior.

 

O BNG ven de recibir varias queixas de cidadáns, e ten comprobado feacientemente, que ás veces se nota un forte cheiro, “dulzón e pesado”, que procede sen dúbida desta fábrica que se adica ao refinado de aceites mariños. Dependendo da dirección do vento, este cheiro esténdese ate chegar ás veces aos barrios que están máis alonxados.

 

Ante estes feitos, o BNG de Mos rexistra un documento no concello, onde se lle pide ao goberno local, que tome as medidas oportunas para solucionar este problema, e que inclusive traslade estas queixas á Xunta para que se realicen as inspeccións que fagan falla. Ademais de sacar fotos por calquera escusa, o goberno local do PP debe preocuparse da calidade de vida dos cidadáns e actuar ante este tipo de problemas.

 

A presencia deste tipo de fábricas no polígono non tería sido posible se non fora polos cambios que o goberno do PP fixo a través de Xestur, onde se lle deu cabida a partires dese intre a empresas como ésta, que produce molestias aos cidadáns.

 

O BNG dará traslado aos seus parlamentarios deste problema, para que fagan as xestións oportunas ante a Consellería, instando a  que se fagan as inspeccións e controis que desde a Xunta se podan realizar nesta empresa.

Mos a 10 de xullo do 2013