O BNG de Mos denuncia o 1º incumplimento do orzamento do 2013

O BNG de Mos denuncia o 1º incumplimento do orzamento do 2013

Gástaronse 5.100 euros de máis nos actos de Reis

Logo de ter presumido o goberno do concello de facer o orzamento en prazo, logo de ter vendido a mentira da austeridade, vese a razón pola que o BNG non se fía do PP e das súas contas, e que por eso votou en contra dos orzamentos do concello.

Nos orzamentos do ano 2013, aparece a partida para cabalgata de Reis, cunha cantidade de 7000 euros. O gasto que se fixo neste acto foi de 10.783 euros. Só nos premios e no que se dá por participar, superouse a cantidade orzamentada.  Polo tanto xa temos un desfase de 3.783 euros.

Este non é o xeito de pagar a enorme débeda do concello, non se pode enganar un a si mesmo para cadrar as contas. Esta é a política económica do PP.

A maiores, a deputación comunica que vai dar unha subvención ao concello para actividades de 6000 euros. E este goberno en vez de aforrar do que se prevé  gastar, e utilizar ese diñeiro para ter que desembolsar menos o concello, ten a feliz idea de facer máis actos, non chega a cabalgata que temos que gastar aínda máis. Pero resulta que a deputación só aporta 4500 euros, entón todos os calculos que se fixeron foron ao traste e tamén neste punto temos déficit. Concretamente a cabalgata polas parroquias valeunos 5900 euros, dos cales só a deputación nos vai dar 4500 euros. Outro desfase de 1.400 euros

Como se pode ver moi mal comezo para a economía do concello, temos un goberno que continua a gastar por riba das súas posibilidades, deixando de lado a tan manida austeridade que só aplica aumentando impostos.

De seguro haberá partidas nas que esconder estas contas, pero eso é seguir coa mentira aplicando inxenería financieira.