O BNG de Mos, elixe ao seu responsable local

O BNG de Mos, elixe ao seu responsable local

Importante feito nun momento de gran traballo político na localidade.

 

Como é normal tras unha asemblea nacional do BNG, a asemblea da  localidade de Mos elixe ao seu responsable local. Este cargo volve a recaer sobre a persoa que o ostentou ate o de agora dita responsabilidade, Gustavo Barcia Seijo.

Os afiliados de Mos volveron dar a súa confianza a esta  persoa que está levando as riendas da nosa organización nestes momentos de tanto traballo político. Onde o BNG demostra ser a única forza que realmente lle está plantando cara ao despótico e demagóxico goberno do PP en Mos.

A nosa organización, segue mantendo o pulso ás políticas do goberno local, descubrindo as mentiras e o que é peor, as medias verdades que se contan en matería económica, tal como podemos ver nos medios de comunicación.

Queremos tamén facer público, que a organización do BNG apoia o traballo dos nosos concelleiros, que pese a ter unha mínima representación dentro da corporación, están a desenvolver un gran labor de fiscalización. Aportando tamén alternativas ás accións do goberno.

O BNG de Mos continuará no seu labor tal como nolo encomendan os nosos simpatizantes, militantes, así como o apoio electoral que o pobo mosense nos brindou nas distintas eleccións.                                                                                 

Mos a 10 de abril do 2013