O BNG de Mos esixe a posta en funcionamento do alumeado no vial Castro-Mos

O BNG de Mos esixe a posta en funcionamento do alumeado no vial Castro-Mos

Vai para dous anos sen funcionar as farolas que se puxeron.

O vial de Castro-Mos, na parroquia que dá nome ao noso concello, foi inaugurado antes das eleccións municipais do ano 2011. As obras realizadas neste vial, supuseron un asfaltado e a construcción dunha ben recibida beirarrúa, pero o que non fixeron foi arranxar as lamentables curvas que ten perto do centro escolar. A desaparición destas curvas, moi sinxelo de realizar, si tería suposto a realización dunha obra de futuro e non unha obra como foi esta para inaugurar xusto antes das eleccións.

 

Pero o máis lamentable de todo esto, é que o novo alumeado, está aínda hoxe en día sen funcionar.  Xa vai cumplir dous anos sen estrenarse as farolas que se puxeron naquel momento. Inoperancia, ineficacia e inutilidade manifesta a dos gobernantes que son incapaces en dous anos de por en funcionamento unha instalación. Daba tempo a refacela unhas cantas veces.

Seguen ademais pondo en perigo a seguridade dos cidadáns, xa que os cable que transportan a electricidade para a zona, están a rozar coas novas farolas, co que pode dar lugar a unha descarga eléctrica, como esto xa foi denunciado polo BNG no seu momento, ocorreuselle por un trozo de plástico para evitar o roce, pero co tempo xa non cumple esa función e seguen a rozar os cables.

 

Esto demostra o que denunciamos constantemente da inauguración de obras de presa e correndo, e que logo de pasar o tempo, seguen sen rematarse.

 

Temos outro exemplo neste concello, o vial humanizado parcialmente en Guizán, e pagado entre este concello e a deputación, segue nestes momentos logo doutros dous anos sen rematar. Os antigos postes están no medio da beirarrúa, falta un anaco de beirarrúa xusto en plena curva perigosa, e esto logo de ter dito reiteradamente por parte do PP que xa estaba rematado. A realidade e moi túzara e demostra o xeito de facer as cousas deste goberno

Mos a 28 de xaneiro do 2013

Miguel Anxo Aldea Moscoso

Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos

O BNG de Mos esixe a posta en funcionamento do alumeado no vial Castro-Mos