O BNG presenta as súas alegacións ao Plan Xeral

O BNG presenta as súas alegacións ao Plan Xeral

Solicita un segundo período de exposición e alegacións

O Bng xa presentou as súas alegacións ao Plan Xeral de Mos , tal e como viña decindo desde o comezo do período de exposición. Nelas resúmense os plantexamentos que recolleu durante as reunións parroquiais, así como outros de caracter xeral que inflúen no propio desenvolvemento futuro do noso concello.

O punto principal é o trasvase de edificabilidade da zona urbana á rural , que debe de facerse na maior cantidade  posible. A ampliación dos núcleos rurais, como consecuencia lóxica de aplicar o punto anterior; se trasvasamos edificabilidade ao rural, obviamente crecerán os núcleos.

Estes puntos traen tamén como consecuencia a reducción do número de vivendas que se poden facer nos Solos Urbanizables Delimitados Residenciais ( SUDR) e nos Solos Urbanos Non Consolidados (SUNC). Rebaixando alturas e grado de edificación.

Solicitamos tamén a ampliación dos anchos dos viais do concello, non se pode permitir que no Plan se pidan8 metros , nalgúns casos, cando é hoxe o día que neses mesmos lugares se piden9 metros. Deben pensarse os viais para anchuras que inclúan banda de aparcamento e beirarrúas en condicións. A súa vez, hai que respetar o ancho dos grandes viais, non pode ser que se estea a cambiar de anchos a gusto das edificacións existentes. Tanto a Avd de Galicia como a antiga N120 en Sanguiñeda deben manter unha anchura coherente en todo o seu trazado.

Cambio do trazado do novo vial que vai desde Puxeiros á As Pozas, un vial a21 metros e que pasa polo medio dun núcleo rural non se pode permitir. É necesario facer novos viais, pero non facendo este dano aos cidadáns.

Desaparición dos Solos Urbanizables Delimitados Industriais (SUDI), exceptuando o da zona do Cebral, que permitiría facer unha saída hacia a autovía do Polígono industrial, así como os da Arrufana, que estarían englobados no futuro Polígono que se podería facer alí. Temos espacio suficiente no actual polígono como para non ter que afianzar ou crear novas zonas industriais no concello.

Desaparición dos Solos Urbanizables Delimitados Terciarios (SUDT), exceptuando os existentes e que se atopan a carón da autovía. Non temos  porque aumentar máis este tipo de solo.

Desaparición total das actuacións industriais ou tercarias nos Solos Urbanos Non Consolidados (SUNC).  Na Portela, Rebullón e Sanguiñeda.

Neste plan non están reflectidos os plans sectoriais de Fomento, Confederación, e os de aqueles organismos que poden crear algunha infraestructura no concello. Unha vez que esto se leve a cabo tras recibir a resposta destes organismos, o plan pode variar de xeito importante, tamén ao trasvasar a edificabilidade pode darselle un importante cambio. E por eso, ademais de porque o inventario de camiños do concello está sen rematar , e unha vez feito pode tamén haber cambios, o BNG de Mos solicita un segundo período de exposición pública, así como outro período de alegacións, a informaciópn ao cidadán é importantisima e crucial na creación dun plan xeral, e como antes da súa aprobación inicial non se pedíu a colaboración das entidades socias do noso cocnello, consideramos este segundo período de exposición é clave para un mellor coñecemento da cidadanía, e poder conquerir así unha maior implicación social. O BNG ten claro que non hai que ter medo á información

Mos a 08 de xaneiro do 2013

Miguel Anxo Aldea Moscoso

Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos

 

 

O BNG presenta as súas alegacións ao Plan Xeral