O BNG quere rebaixar o que cobran os políticos por asistir aos órganos de representación.

O BNG quere rebaixar o que cobran os políticos por asistir aos órganos de representación.

Presenta unha moción para a súa aprobación no pleno de decembro.

De todos é sabido o momento económico polo que estamos a pasar, onde a situación de moitas familias e absolutamente penosa; e os políticos debemos dar exemplo de austeridade, pero de austeridade real, e non da inventada para desfacer os servizos públicos.

En outubro xa presentara o BNG de Mos un ha moción para eliminar 3 dedicacións exclusivas, e rebaixar o salario da alcaldía. Como era de esperar, o PP votou en contra, e deu a demostrar que lle interesa máis  cobrar a fin de mes, que aumentar as partidas máis sensibles do noso orzamento.

Para complementar esa moción, presentamos esta nova, que quere reducir o que os políticos cobran por asistir aos órganos de goberno deste concello. Fóra da demagoxia que se pode facer sobre este tema, temos que evitar que por exemplo, plenos que duran 12 minutos, como o extraordinario do día 9 de novembro deste ano, supoñan uns ingresos de 190 euros brutos para o político que asiste (que non conte con adicación exclusiva , claro).

Tamén hai que regular que as comisións informativas, non sexan utilizadas soamente para transmitir as decisións do goberno ( dación de contas), senon que se traten temas que vaian ir a pleno. Este tipo de ingresos, están sendo utilizados polo equipo de goberno, para que os membros do grupo do PP que non teñen dedicación exclusiva, se leven un sobresoldo de 800 euros brutos como mínimo cada mes.

Por suposto que os políticos que acuden a estes órganos teñen que cobrar, porque teñen en moitos casos que sair do traballo, o que lle repercute economicamente, e tamén o seu labor político lle supoñen uns costes. Pero a RACIONALIDADE é necesaria na situación actual.

O BNG propón que ningún político  poda cobrar unha cantidade superior ao salario mínimo, sumando todas as asistencias aos órganos de goberno. Queremos reducir a cantidade a cobrar por asistencia a comisións, reducindoa de 55 euros a 35 euros, que o presidente destas comisións pase de cobrar os 115 euros a cobrar os 35 como os demais. Que se facemos varias comisións nun día, só se cobren as dúas primeiras. As xuntas de goberno deben de reducirse de 115 euros a 50. E por último, a asistencia a plenos pasará de 190  a 90 euros, coa salvedade que se a duración é inferior a unha hora, cobrarase como unha comisión.

Como se pode ver, a redución non vai variar o orzamento sustancialmente, pero si expresa  que hai que dar o paso de racionalizar os ingresos dos políticos, e por suposto, facer menos demagoxia cando o goberno alude á austeridade, pero non  se baixan o salario nin o número de dedicacións exclusivas.

O BNG quere rebaixar o que cobran os políticos por asistir aos órganos de representación.