O BNG votará contra os orzamentos do ano 2013

O BNG votará contra os orzamentos do ano 2013

O goberno do concello non é económicamente creible.

Pode que se entenda que non ía ser doutro xeito, que o BNG non vai facer outra cousa que votar en contra sempre aos orzamentos; peroo que hai que comprender é que sinxelamente non nos fiamos do PP do concello de Mos. Baste con dicer unha cifra, o orzamento do 2011 foi inicialmente de 8.195.614 euros, pero finalmente gastouse por 10.148.125 euros, un desfase de case 2 millóns de euros.

Neste momentos non hai nada que nos indique que vai ser distinto con este orzamento do ano 2013, que non deixa de ser unha serie de datos que serán cambiados según lle pete ao PP de Mos. Ningún partido nos seus cabales lle daría a confianza a Nidia Arévalo nesta, e en ningunha outra cousa.

Lonxe de ser verdade o que o goberno pregonou, baixan estes orzamentos todo o relativo a gasto social, en Benestar Social se reducen 19.000 euros, en Fomento do emprego 28.000 euros,en Educación 82.500 euros, en Cultura 95.000 euros, en Deportes 40.600 euros, en Participación cidadá 32.000 euros,…..

Pero imos por partes; en Benestar Social, a unha asociación como ASODIFISI, se lle reduce nun 60 % a subveción ( 7.000 euros menos), só por esto merecen un voto en contra no pleno. Tamén se reduce en atención á muller, axuda discapacitados, plan igualdade, ….pero o que máis chama a atención, e é algo que tamén se repite nos demais departamentos, é que a cantidade de diñeiro coa que a concelleira de turno pode traballar ou decidir en que utilizala, ( ou sexa que non estea regulado o seu uso por algunha ordenanza ou non sexa unha subvención nominal), é inferior ao salario anual que cobra o político. O Benestar social está básicamente regulado o uso do diñeiro por baremos de renda, nº de membros da familia, ou sexa que realmente como xa dixemos noutros plenos esta adicación exclusiva debe desaparecer.

En Cultura, desaparece a normalización lingüística, e se deixa só en 15.000 euros ( un 60% menos) o Plan cultural, que é onde se colabora coas organizacións e asociacións culturais do concello. Neste apartado se reduciu en moitas festas, tipo Reis, Entroido, festa da rosa etc…, pero de seguro aquí é onde vai a haber moito máis desfase na conta final, porque xa se ve hoxe en día, onde aparecen gastos en carpas de moitas festas que non estaban orzamentados.

En Educación, desaparece a subvención as ANPAs, e as axudas a comedores escolares baixanse nun 53% ( 8.000 euros) . Pasa neste caso igual que no anterior, é superior o salario da concelleira ao diñeiro que pode distribuir.

Pasa o mesmo en Participación Cidadá, que é levado pola mesma concellería, e que neste caso, logo da reducción de orzamento, é tanto o salario da concelleira como o diñeiro que pode dispor.

Pero o caso máis sangrante é o de Deportes, onde directamente o concelliro só pode administrar 7000 euros de trofeos, xa que o resto son subvencións nominais a equipos deportivos.

A nivel de orzamentos está claro que se reducíu no social, pero no que non se reduciu foi no salario dos políticos, que tal como queda demostrado, poden ser reducidas as adicacións exclusivas sen resentir de ningún xeito o traballo municipal. De terse aprobada a moción que presentou o BNG sobre reducción de adicacións e salarios, teriamos neste momento sobre 120.000 euros máis que poderiamos empregar nos apartados que foron reducidos neste orzamento.

Mos a 28 de novembro do 2012

Miguel Anxo Aldea Moscoso

Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos

Tlf: 628 141 093