Comezaron as dilixencias previas ás denuncias presentadas polo BNG de Mos

Comezaron as dilixencias previas ás denuncias presentadas polo BNG de Mos

Este venres foi declarar como testemuña o portavoz do Bng.

 

Tanto o día 24 de maio, como hoxe día 7 de xuño, o portavoz do Bng no concello de Mos, foi chamado a declarar ante o xuzgado de 1ª Instancia e instrucción  nº3 de O Porriño, polas dilixencias previas abertas contra Nidia Arévalo por presunta Prevaricación administrativa.

O portavoz do Bng, foi chamado como testemuña e ratificouse en todo o denunciado ante a fiscalía, respondendo tamén ás preguntas do avogado defensor da alcaldesa. A actitude do Bng ante a aparición de feitos que poidan ser constitutivos de delito, será sempre a de informar á fiscalía para que ela logo determine se poden ser realmente causa de apertura de dilixencias; esa consideramos que é a obriga de calquer cargo electo.

O Bng insiste que pase o que pase xudicialmente, os feitos que se denuncian, son suficientes para que Nidia Arévalo dimita do seu cargo. Pero esperaremos ao remate do proceso para seguir tomando as iniciativas políticas que se consideren desde a nosa organización.

Esperamos se resolvan con prontitude os procedementos abertos, e por suposto estaremos sempre a disposición da xustiza para colaborar no que consideren oportuno.

Mos a 07 de xuño do 2013