O concello incapaz de arranxar os baches fronte ao CEIP de Petelos

O concello incapaz de arranxar os baches fronte ao CEIP de Petelos

Xa foron denunciados en máis ocasións                                   

 Carretera fronte ao CEIP de Petelos

Vemos reiteradamente na prensa moitos anuncios do concello sobre actuacións que se van levar a cabo, moitas delas con cansinas e reiteradas aparicións informativas, vendendo sempre a mesma obra. Pero na vida real, fóra da propaganda, seguimos vendo a ineficacia e ineptitude deste goberno.

Xa denunciamos noutra ocasión o mal estado do firme do vial que está frente ao CEIP de Petelos, un lugar de constante paso de vehículos, a carón dun paso de peóns, e que xa ten como algo propio, a existencia de baches.

A existencia constante de gravilla, aumenta o perigo para calquera coche que pise o freno, e ao estar este lugar a carón da entrada do centro escolar, aumenta o perigo para os rapaces e rapazas que acuden ao centro. Esperar a que aconteza algo grave non pode ser a norma de actuación dun goberno.

Non  podemos comprender como a estas alturas non se puxo remedio definitivo para algo tan sinxelo. De seguro o goberno estará ocupado noutros menesteres máis vistosos e comunicativos.

O concello incapaz de arranxar os baches fronte ao CEIP de Petelos