A débeda municipal situase perto dos 14 millóns de euros

A débeda municipal situase perto dos 14 millóns de euros

Cando o concello de Mos adheriuse ao Real Decreto de pago a proveedores, os particulares e empresas aos que o concello debía diñeiro puideron ver a luz ao final do túnel e conseguiron cobrar a débeda que tiña este concello con eles.

Esto non trouxo consigo que a débeda do concello se reducira, por suposto que non, a consecuencia foi que agora o cómputo de débeda bancaria disparouse de xeito notable. Porque está claro que o que se debe, sexa ao banco ou a empresas e particulares, é sempre débeda.

Nestes momentos o concello de Mos ten unha débeda de 13.7 millóns de euros, unha cantidade que se divide en 3 conceptos:

  • Débeda bancaria: a que se refire aos créditos que se pediron aos bancos, e que suma a cantidade de  11.893.428,25 €
  • Facturas pendentes de aprobación: que suman 1.428.651,44 €
  • Facturas aprobadas pendentes de pago : que suman aorredor de 400.000 € ( dato aproximado)

O discurso do PP de austeridade queda no esquecemento con datos coma este, e a aprobación do orzamento deste ano, como o do anterior, non é crible para  ninguén á vista da situación da débeda. E eso que este ano é un dos dous de carencia nos préstamos, ou sexa que de momento non estamos a pagar interesas na cuota mensual.

De como se pode chegar a este nivel de endebedamento terá que dar explicacións o goberno local, xa que eles son os que gastan e fan incrementar as facturas.

A masiva subida de impostos que se levou a cabo o ano pasado, e que continua  este, debido ao plan de viabilidade para poder adscribirse ao Real decreto, vai mitigar minimamente esta cantidade, pero pasando a responsabilidade aos de sempre, aos cidadáns do concello, mentras que os que causan este problema seguen a cobrar . Lembramos as 5 dedicacións exclusivas deste concello

A responsabilidade é do goberno, e non se pode pretender que a oposición solucione os problemas que eles mesmos están a crear constantemente. A discreccionalidade no gasto a ten o PP de Mos que está no goberno deste concello.

Mos a 12 de febreiro do 2013

Miguel Anxo Aldea Moscoso

Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos

A débeda municipal situase perto dos 14 millóns de euros