O goberno do PP concede licenza de ampliación ao centro privado concertado que tiña paralizadas as o

O goberno do PP concede licenza de ampliación ao centro privado concertado que tiña paralizadas as o

Buscouse un resquicio legal para dar continuidade ás obras

 

Calquera persoa que pase pola autovía, pode mirar no alto de Puxeiros, un esquelete de formigón que leva formando parte da paisaxe de Mos desde hai máis de 10 anos. Unha visión do que é o urbanismo deste concello no que vivimos.

Este colexio privado concertado, sobradamente coñecido, comezou hai máis de dez anos unha ampliación das súas instalacións. En agosto do 2002, ordénase a suspensión das obras por carecer de licenza, por non cumplir os retranqueos e por non cumplir as alturas. E no ano 2003, se lle impón unha multa de 14.600 euros por infracción grave.

 

Ben, todo esto debería dar lugar a unha reposición da legalidade urbanística, pero non se fixo así, e como ocorre tantas veces, o infractor rise daqueles que cumpren as normas.

 

Pero co paso do tempo, chega ao poder o PP nunha moción de censura, que queremos e debemos lembrar que casualmente o autobús que trouxo aos vixilantes xurados que o PP quixo usar para impedir o acceso ao pleno, eran dese grupo de empresas (esto está recollido na prensa deses días). Co que é sinxelo entender que este grupo empresarial sería moi beneficiado por ese cambio de goberno, como queda demostrado estes días.

 

Pois ben, buscouse o resquicio legal para que este centro escolar puidera levar a cabo a súa ampliación. Buscando e rebuscando, atopouse que ao estar publicadas de xeito incompleto as normas subsidiarias do ano 92, e que xustamente ao faltar o referente ao solo dotacional docente, poderíase tomar como referente as normas provinciais, máis abertas e permisivas ao respecto. Suliñamos o de poderíase porque é potestativo do goberno tomar ese referente ou non, e neste caso, como non, agárranse a este resquicio. Na xunta de goberno do 11 de xuño concédese a licenza en cuestión.

 

Logo de ter incumplido as normas, de ter incumplido un retranqueo , de ter sido multado, atopouse a solución adecuada para os intereses privados.

 

Non existe a disciplina urbanística, o infractor segue a campar ás súas anchas, e o acontecido coa liceza desta empresa, é un exemplo dun xeito de actuar que o BNG non comparte e critica abertamente.

 

Mos a 08 de xullo do 2013