O goberno do PP mantén abandonado o parque da 3ª edade da Pateira en Mos

O goberno do PP mantén abandonado o parque da 3ª edade da Pateira en Mos

Pedíuselle que, polo menos, retiraran os elementos de ximnasia para evitar o seu deterioro.

 

O goberno do concello de Mos, segue a facer caso omiso do que a oposición lle está a decir, sexa o que sexa. A raiz das enchentas do río Louro que tiveron lugar o ano pasado, o parque biosaudable da 3ª edade que se atopa na Pateira, parroquia de Mos, viuse asolagado e cheo de restos de area e pedras.

 

Pero desde ese momento segue nese mesmo estado, deteriorándose os caros elementos que o compoñen. O BNG nun pleno de principio de ano, recomendou que se retiraran ditos elementos e se levaran para dependencias municipais, en espera do futuro arranxo do paseo; inclusive se lle propuso o traslado a outra zona do concello, xa que este terreo se atopa nun lugar moi facilmente asolagable.

 

Está claro que o PP está a outra cousa e dalle igual ver como o diñeiro público se deteriora de xeito visible.

Xa este parque foi motivo de nota de prensa a principios do ano 2011, polas mesmas razóns de abandono, logo foi saneado, pero  parece que o caso que se lle fai é nulo, xa que se deixa que se deteriore constantemente.

 

O BNG con esta denuncia pública espera que polo menos se retiren os elementos que compoñen o parque para que non se deterioren máis do que están, e salvaguardar o diñeiro público.

Mos a 04 de xullo do 2013