Suspéndense os plenos en Mos a petición dos estafados das preferentes

Suspéndense os plenos en Mos a petición dos estafados das preferentes

Cada partido toma esa decisión por razóns distintas.

 

Nunha reunión de portavoces coa alcaldía de Mos, tomouse a decisión de suspender os plenos do concello, pero queremos deixar claro as razóns pola que cada partido tomou esa decisión.

O BNG de Mos, como toda a nosa organización nacional, apoiamos de xeito total e absoluto as mobilizacións dos estafados polas preferentes e subordinadas, e non participamos nos plenos vergoñentos que o PP e o Psoe se empeñaron en levar a cabo. Polo tanto apoiamos a suspensión dos plenos dentro do marco de mobilizacións que está a levar os estafados.

Pero o PP e Nidia Arévalo non están nesta liña. A razón pola que o PP decidiu suspender os plenos, é por non dar a cara cos afectados, para non ter que publicamente posicionarse, e seguir na situación de lavarse as mans ante este grave problema. Tal como nos medios di a alcaldía, o que non quere e ter que sair escoltada pola policía, esa mala imaxen é a que quere evitar.

Polo tanto Nidia Arévalo decide apoiar a suspensión, non por que crea na loita dos estafados, se non por manter a súa imaxen e non sair unha vez máis pola porta de atrás.

Non todos os partidos somos iguais nin actuamos do mesmo xeito. O PP vive da propaganda unha vez máis, e desvirtúa a posición do BNG para intentar mesturarnos con eles, como si pertencéramos todos a unha caste política similar. Pois non, O BNG ten unha posición no concello nas antípodas da que mantén o PP na maioría das actividades da vida municipal.

Queremos aproveitar tamén para denunciar, que unha das preocupacións do PP sobre este tema, é que deixan de ingresar o que corresponde por asistencias aos plenos, algo que disgusta de xeito notorio aos concelliros do grupo popular. Pero xa atoparon a solución para non deixar de ingresar ese diñeiro. O grupo de goberno multiplica as comisións que se fan, para así completar o que eles deben considerar como un “mínimo” que deben cobrar por estar no concello. Cando as comisións poden ser nun mes normal sobre 4 ou 5, (e inclusive así poderianse aforrar algunha), no mes pasado fixéronse 11, moitas delas sen practicamente contido.

Mos a 25 de abril do 2013

Miguel Anxo Aldea Moscoso

Portavoz do grupo municipal do BNG