RÍO LOURO

O BNG de Mos presenta unha moción para instar á Confederación na recuperación integral do río Louro

O BNG de Mos presenta unha moción para instar á Confederación na recuperación integral do río Louro

           O BNG de Mos por medio de Miguel Anxo Aldea, portavoz do grupo municipal do BNG no concello, presenta unha moción ante a corporación municipal para instar á na recuperación integral do cauce do río Louro o seu paso por Mos.

    Consideramos que o río Louro é importantisimo para a vida d@s cidadáns do noso concello desde hai moitos anos. Os distintos gobernos municipais así o comprenderon e iniciaron unha senda para disfrute de tod@s as que queremos utilizala.

    E a riqueza piscícola, aínda que mermada, segue existindo

    Pero estase a ver hoxe en día, que nas zonas máis afectadas polas construcción de naves, e alí onde a presión urbanística é maior, o río sofre un forte deterioro e estase a degradar notablemente. É normal ver muros derruídos que invaden o cauce, restos de entullos polo cauce adiante, e moitos residuos que fixeron que disminuira o calado

.

    Por todo isto, e visto o estado de abandono do río por parte da Confederación, que é a responsable directa do mesmo, instamos a mesma e ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente á elaboración dun plan que permita a recuperación integral do cauce do río Louro asi como tamen urximos ao Goberno Municipal a incrementar a presión da disciplina urbanística, actuando de oficio nas denuncias e así controlar as edificacións que teñan irregularidades.consideramos que é necesario e urxente unha actuación integral por parte da Confederación Hidrográfica para chegar a unha recuperación total do cauce do río o seu paso polo noso concello.


 

Mos 12 de maio do 2017

IMG_20170403_162349

O BNG de Mos presenta unha moción para instar á Confederación na recuperación integral do río Louro