Imprimir

Líndano: ou como facer demagoxia política cun tema de saúde pública.

bngmos | 18 de Xaneiro de 2018

        A plataforma antilindano reuniuse onte en Mos coa MAREA e con GAÑAMOS e nela denunciaron a contaminación por Líndano en diferentes parroquias de Porriño e Mos, pedindo un plan de descontaminación para as zonas afectadas. Queremos lembrar que ésto xa o ten pedido o BNG ( incluso xa hai 19 anos).

     Esta reunión por si mesmo entra dentro da normalidade do funcionamento dunha plataforma, pero o grave é o que se di a continuación sobre que “só En Marea escoita as súas reivindicacións” , eso é mentira.

     A cercanía política con ese partido da persoa da plataforma que fala é coñecida, e deixa en mal lugar á propia plataforma , xa que vese ás claras que non se quere ver o que fan os demais partidos sobre este tema. As persoas de Gañamos deberían ter informado nese mesmo momento de que o que dicía non era certo, pero vaille ben con ese tipo de mentiras.

     Normalmente desde o BNG non contestamos este tipo de afirmacións, pero dada a gravidade do tema do lindano, consideramos insultantes ese tipo de afirmacións partidistas. Cabe lembrar o traballo feito polo BNG xa nos finais da década dos noventa, e máis recentemente a finais do ano 2017. Para lembrar a certas persoas que parecen ter unha visión moi parcial, relataremos o que se leva feito máis recentemente:

O 18/11/2017 o BNG-MOS advirte dunha posíbel afección de líndano e presenta un escrito no rexistro do concello de Mos para que se estude este tema analizando terras e augas.

No pleno de novembro con data 20/11/2017 o noso concelleiro Miguel Aldea recabou información sobre a postura do PP neste tema é pediulle que asumiran o presentado no noso escrito.

O 12/12/2017 o BNG presenta unha moción no parlamento galego sobre o líndano, para a súa localización e demandando a a súa descontaminación, esta petición foi apoiada polo PP e demais forzas da oposición.

O 11/01/2018 a Xunta de Galiza por mediación dunha empresa está a realizar o análise de líndano en determinadas zonas do concello, o estudo ten unha duración de tres meses no cal ao seu remate publicarán o seu informe.

     Dende o BNG-MOS temos que dicir que ca saúde publica non se xoga, tráballase e non se fai demagoxia.

 

Mos a 18 xaneiro do 2018

Oscar Rodríguez Campo

Responsábel local do BNG de Mos

Tlf: 608088383

http://mos.bng.gal/articulo/politica-local/bng-solicita-ao-concello-estude-posible-afeccion-do-lindano-mos/20171121224132000803.html

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/politica-local/lindano-facer-demagoxia-politica-tema-saude-publica/20180118235520000813.html


© 2018 Bloque Nacionalista Galego de Mos