O concello de Mos sáltase os informes para a prórroga da cesión dun terreno municipal a unha empresa

O concello de Mos sáltase os informes para a prórroga da cesión dun terreno municipal a unha empresa

Os informes de secretaría e intervención son negativos.

O concello é propietario dunhas parcelas no denominado parque empresarial de Monte Faquiña. Propiedade que por outro lado é importante sinalar, non é allea a posibles litixios de propiedade por parte de terceiros.

Inicialmente se lle cedeu o dereito de superficie ( aluguer) dunha parcela , á empresa Tráfico no ano 1996 por 25 anos. Obviamente pagando mensualmente por este arrendamento. Neste momento, esta empresa quere deixar esta parcela de case6000 metros, e chega a un acordo con outra empresa para que se quede co aluguer e a cesión desta parcela.

Esto non é problema, sempre que se acate o acordo que se tiña coa empresa inicial, cunha duración temporal similar e incluso mantendo o mesmo prezo de aluguer.

Pero neste caso, por parte do concello en convivencia coas empresas, primeiro se cambia a duración do contrato, pasando de 25 a 50 anos. Esto fíxose no pleno de novembro do ano pasado, sin facer caso ao informe negativo de secretaría e intervención. O Secretario informa que se debe rematar o periodo inicial de 25 anos e logo se acaso fariase unha ampliación doutros 25, e o interventor informa de que se produce unha merma nos ingresos do concello e de que a propiedade da parcela non é allea a posibles litixios. Pois ben, aínda así se aproba o cambio de período de cesión no pleno, co voto en contra do BNG.

Pois ao pleno deste mes ben para a súa aprobación, a cesión de uso desta parcela desde a empresa Tráfico á empresa Dataphone. Os informes son outra vez negativos tanto por parte do interventor como do secretario, pero o PP vai facer o que lla dá a gana e vai votar a favor desta cesión.

Non se pode permitir esta connivencia entre políticos e empresas, non se pode permitir que os ingresos do concello se vexan mermados por este tipo de acordos, para por outro lado subirnos os impostos aos cidadáns.

Por suposto, o voto do BNG será negativo a este punto no pleno deste mes.

Mos a 23 de febreiro do 2013

Miguel Anxo Aldea Moscoso

Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos

O concello de Mos sáltase os informes para a prórroga da cesión dun terreno municipal a unha empresa