O BNG de Mos presenta alegacións ao Proxecto do Parque Eólico Serra Galiñeiro

O BNG de Mos presenta alegacións ao Proxecto do Parque Eólico Serra Galiñeiro

Ante a exposición pública que se está realizando no referente ao parque eólico da Serra do Galiñeiro, o BNG de Mos presentou as alegacións pertinentes para que este proxecto non se leve a cabo.

 

A teima para destruir esta serra, estase convertendo en algo enfermizo, xa que como denunciou o BNG, tamén se fixo público a solicitude para realizar excavacións para a investigación para extraer “terras raras”, ou sexa, unha mina en toda regla.

 

Desde o BNG de Mos, queremos que se declare a  inviabilidade do proxecto de parque eólico, e que se declare a incompatibilidade do  proxecto do Parque Eólico Serra do Galiñeiro coa preservación dos valores naturais, paisaxísticos, xeolóxicos, arqueolóxicos, etnográficos, sociais e económicos da Serra do Galiñeiro.

 

A serra do Galiñeiro é un referente paisaxístico en toda a comarca, conta cun rico patrimonio arqueolóxico e etnográfico, no cumio da serra localízase ademáis a denominada Fortaleza do Galiñeiro, que conta coa declaración de Ben de Interese Cultural (BIC ), posúe unha grande riqueza natural, como así o reflicte a exitencia de 10 hábitats declarados de interese comunitario, habitan greas do denominado Cabalo de Pura Raza Galega incluído no “Grupo de Razas Autóctonas en Peligro de Extinción.

Todo esto consideramos suficiente para que se anule todo este proceso que pode desembocar na destrucción da Serra do Galiñeiro.