DEPURADORA TORROSO

A depuradora de Torroso outra mostra de deixadez do PP

A depuradora de Torroso outra mostra de deixadez do PP

Miguel Anxo Aportavoz do Grupo municipal do BNG en Mos, quere facer chegar a seguinte cuestión ao goberno do concello:

- Realizada unha visita á mal chamada depuradora de Torroso, que deixou xa hai tempo de funcionar, constatamos o mal estado da parcela que rodea á caseta , así como o perigo do pozo onde se acumulaban os restos logo de trituralos.
Tamén é perigoso un pozo por onde pasaban os residuos antes de entrar na depuradora. Ambos pozos son facilmente accesibles por calquera, e resultan sumamente perigosos.
Solicitamos do goberno do concello, que se limpe a zona, se anulen os pozos, e tamén que se derrube o caseto, volvendo ao seu estado natural esa zona. De xeito inmediato débense tapar ou polo menos soldar as tapas dos pozos para evitar caídas.

Mos a 16 de marzo do 2017
Miguel Anxo Aldea Moscoso
Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos