ORZAMENTOS XUNTA 2018

Enmendas aos orzamentos da Xunta para o 2018

Desde o BNG de Mos, e por medio da nosa representación no parlamento galego, imos presentar un conxunto de enmendas aos orzamentos da Xunta do 2018.

Enmendas aos orzamentos da Xunta para o 2018

     Desde o BNG de Mos, e por medio da nosa representación no parlamento galego, imos presentar un conxunto de enmendas aos orzamentos da Xunta do 2018. Enmendas que consideramos moi importantes e necesarias cara a mellora da calidade de vida d@s cidadáns do noso Concello, como por exemplo a necesidade de ter un servizo de fisioterapia no Centro de Saúde ou a rexeneración das zonas afectadas polo lume en Mos, cun plan de reforestación con especies autóctonas e medidas preventivas fronte os incendios.

     Conxunto de enmendas aos orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2018, que en breves datas veranse sometidos a debate no parlamento galego.

1. Dotar do servizo de fisioterapeuta o Centro de Saúde. Un servizo reclamado en diversas ocasións e que o PP sempre lle negou a Mos.

2. Ampliación a xornada completa da Matrona, na actualidade a matrona traballa media xornada.

3. Ampliación a 3 días a semana da Traballadora Social do Centro de Saúde, pois na actualidade so fai traballo en Mos un día a semana o estar compartida con Porriño e Salceda de Caselas.

4. Recuperación do Castro de Torroso: este asunto forma parte do noso programa electoral nas últimas municipais, e consideramos necesaria a implicación plena da Xunta na posta en valor e a musealización deste castro

5. Remate da obra do vial entre Pereiras e Tameiga: obra que quedou a medias, e que é necesario o seu remate, pasando a asumir a titularidade a Xunta de Galiza.

6. Plan integral de recuperación das zonas afectadas polo lume. Desde o cal facilitar a reforestación con especies autóctonas, a recuperación de superficie queimada e o desenvolvemento de accións preventivas contra o lume.

7. Urbanización das Rúas Progreso e Bos aires compartidas co Concello do  Porriño

   Estas enmendas cremos firmemente que son imprescindibles para mellorar a calidade de vida do día a día d@s cidadáns de Mos. Polo cal esperamos contar co apoio de todos os partidos que teñen representantes neste concello para que a Xunta as leve a cabo.

Oscar Rodríguez Campo

Responsábel local  do BNG de Mos

Tlf: 608088383