VEÑEN ELECCIÓNS

A mellora da zona das Angustias e o Costilleta , un comezo desesperantemente lento

Comezaron a traballar cunha pequena máquina na Rúa Progreso

A mellora da zona das Angustias e o Costilleta , un comezo desesperantemente lento

    A tan esperada obra de humanización da zona do Costilleta e As Angustias xa comezou, e xa ía sendo hora, xa que esta obra xa leva dando voltas desde o ano 2011. Pero o que debe ser una alegría, está sendo desesperante, xa que o volumen de traballo comezado é ridículo. Só están traballando un grupo de persoas na Rúa Progreso, pero no resto non hai ninguén.

   Unha obra que ascende a un millón de euros e resulta que só hai uns poucos traballadores?? Inconcebible.

   A parsimonia deste comezo non ten explicación, a non ser que se queira alongar ate cerca das eleccións para facer un uso electoralista da obra.

   Desde o BNG esiximos que se aceleren os traballos, e que a empresa adxudicataria poña maquinaria e traballadores para acabar canto antes.

   Desde o BNG xa houbo que avisar ao goberno do mal estado das baldosas na zona da rotonda das Angustias para que puxeran un remedio provisional dado o perigoso da situación. Baldosas rotas e levantadas, moi perigosas para os cidadáns.

  Xa hai diñeiro para a obra así que non hai escusa para non facela canto antes. Aceleren o traballo o máximo posible, A seguridade dos cidadáns é o primordial

 

Mos a 23 de marzo do 2018

Miguel Anxo Aldea Moscoso

Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos

Tlf: 628 141 093