PEIXE PASEO DO LOURO

Un novo caso de deixadez do goberno de Mos

Un novo caso de deixadez do goberno de Mos

O Bng esixe a reparación da estatua do paseo do río Louro que tirou o temporal. É un perigo para os que pasean polo río.

Xa pasaron dous meses, e a estatua que representa un peixe, e que se atopa no paseo do río Louro, á altura do parque da Pateira, segue caída. Unha árbore a tirou, e desde aquela, ocupa parte do espacio do paseo.

Esta estatua é de ferro, polo que hai numerosas aristas que supoñen un gran perigo para os que pasean polo río. A concellería de medio ambiente deb...e tomar medidas urxentemente, e non vale con por unha cinta delimitando. Calquera que vai por alí dase conta do perigo que supón. Considera o Bng unha deixadez por parte da concellería que esto non se teña solucionado xa.

Sorprendémonos máis se cabe, ao coñecer a nova de que podería pasar por alí a BBT deste ano. Esperemos que para aquela xa estea restituída ao seu sito, e deixe libre o espacio do paseo.

Un lugar emblemático como o paseo do río Louro non pode estar así

Mos a 04 de abril do 2017
Miguel Anxo Aldea Moscoso
Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos
Tlf: 628 141 093