MÁIS DO MESMO

Orzamentos 2018 do Concello de Mos

Ínflanse os ingresos para cadrar as contas. Un ano máis, os orzamentos do concello chegan a pleno. Pero esta vez, por moito que diga a alcaldía, non están en tempo, xa que entrarán en vigor como mínimo a finais do mes de xaneiro. Pero éste é só un detalle.

Orzamentos 2018 do Concello de Mos

      É importante lembrar que este ano 2018, é o último antes das eleccións, polo que tal como se pode ver, as inversións dispáranse, algo que fai que poidamos calificar aos orzamentos de electoralistas.

  Os ingresos previstos son irreais, a recadación o IBI, según o goberno, vai ser de 2 millóns de euros, algo que non vai poder ser. Un exemplo é o que pasa este ano, no que estaba previsto recadar 1.880.000 e a mes de novembro lévase recadado só 917.000 euros. O que clarifica o nivel de ingreso que pode ter o concello. Ésto é avisado pola intervención do concello no seu informe.

Ademais os gastos en inversión se disparan, por exemplo, en estradas duplícase de 150.000 a 300.000 euros, e hai unha nova partida de 150.000 euros para parques infantís. Electoralismo en estado puro.

Ademais, non aparece a débeda que ten o concello coa Mancomunidade, que comezou a súa disolución, e o concello de Mos terá que pagar 124.000 euros, e esta débeda non aparecen en ningún lado no orzamento.

Este orzamento legaliza a produtividade que arbitrariamente concede a alcaldía a certos traballadores, cambiando as bases de execución do orzamento para poder levalas a cabo sen que a intervención do concello poña reparos.

Logo, cando non saian as contas, as facturas vanse acumular nos caixóns, como fixo xa hai algúns anos o goberno do PP.

O Bng non se fía do equipo de goberno do PP, e polo tanto non vai apoiar os orzamentos.

 

Mos a 15 de decembro do 2017

Miguel Anxo Aldea Moscoso

Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos

Tlf: 628 141 093