MELLORAS CEIP ATÍN

O PP vota en contra das melloras no CEIP de Atín

O PP vota en contra das melloras no CEIP de Atín

O PP vota en contra da moción do Bng para a realización de melloras no CEIP de Atín

A escusa é que xa o pensan facer, pero non din cando
Parece ser que para o PP calquera cousa que presente a oposición e que supoña sacarlle un pouco de protagonismo, resulta un tanto molesta. Así aconteceu no pleno de marzo ante a moción presentada polo Bng instando a que o goberno presione á Xunta para que realice as melloras necesarias no CEIP de Atín.

...

Pode ser que non lles goste porlle as pilas ao seu goberno amigo da Xunta, pero ante as necesiades da cidadanía hai que enfrentarse a calquera institución.

1.- Instar á delegación da educación da Xunta de Galicia a que leve adiante os arranxos no colexio, dando prazos de execución do cambio das ventás , do arranxo do peche perimetral, así como do arranxo da parcela que solucionaría o grave problema de aparcamento.

2.- No caso de facer caso omiso desta reclamación por parte da Xunta, instar ao goberno do concello de Mos a que leve adinate o arranxo da parcela do aparcamento, así como do peche perimetral. E que continúe presionando á Xunta para o resto dos arranxos “

Estes son os puntos aos que parece ter medo o PP, estes son os acordos que plantexa o Bng e que rexeita votando en contra o PP de Mos. Pódese ver que son moi “fortes” e “inasumibles”, terán que dar explicacións aos pais e nais dos alumnos/as do centro escolar ante a negativa a aceptalos.

Non apoiar estes acordos demostra que prefiren seguir saíndo na prensa vendendo ocorrencias partidistas, e non coller os problemas de frente e facer presión á Xunta.
Vanse gastar miles de euros en arranxar xardíns pero non hai diñeiro para arranxar a entrada do centro escolar.
Ben, alá cada un coa súa conciencia

Mos a 29 de marzo do 2017
Miguel Anxo Aldea Moscoso
Portavoz municipal do BNG de Mos
Tlf.: 628141093.