Imprimir

O PP vota contra solucionar o problema do ancho dos viais do concello

bngmos | 29 de Septembro de 2018

Está de acordo co desastre da licencia de Peinador e co futuro que representa

     Desde o BNG de Mos non deixamos de sorprendernos coa actitude e a aptitude do equipo de goberno. Hoxe quedou claro no debate da moción do BNG para mudar o plan xeral, que o PP está de acordó cos viais estreitos e négase a solucionar problemas coma o que aconteceu en Peinador, onde a licencia dunha vivenda permite facer o muro da casa na estrema do vial.

peinador22

  E esta licenza é legal, por suposto, pero en vez de buscar a raíz do problema , o goberno busca saídas que aínda correctas, non solucionan o problema de fondo.

  Moitos viais do noso concello quedaron mal deseñados, cuns anchos que como podemos ver que son fatídicos e un lastre para o futuro desenvolvemento do noso concello. O Bng non fala de todos os viais, tal como demagoxicamente pretendían facer entender os membros do goberno, hai que repasar todos aqueles viais que coarten o crecemento sostible e racional, nin un máis nin un menos.

  O PP segue a refuxiarse e escudarse nos técnicos, pero eso non é escusa para ver a realidade do que está acontecendo, os políticos están para algo, entre outras cousas para dar a cara e enfrentarse ao técnicos se fai falla.

  Afirmar que non hai posibilidades de evitar novos desastres, é mentir a todos os cidadáns.

  É urxente evitar casos coma o que estamos a falar e para eso non se pode facer outra cousa que cambiar o plan xeral. Tal como dixemos no pleno, non pretendemos tirar ao lixo o plan xeral de Mos, que lembremos votamos en contra, somos realistas nas nosas pretensións e polo menos consideramos que pode haber consenso en cambios coma os que plantexamos na nosa moción. Pero o PP non quere recoñecer o obvio, o plan xeral de Mos ten eivas. Eso si, podemos solucionalas, pero para eso hai que ter coraxe político e recoñecer a realidade.

  Do resto das nosas peticións da moción, as contestacións que se nos dan son vagas e inconsistentes. Por desgraza quedamos coa certeza de que o PP non ten na súa cabeza un futuro para o concello no ámbito urbanístico. Aos cidadáns hai que facerlles ver que un Mos cun futuro sostible e habitable, pasa por renunciar a corredoiras estreitas e tamén , e esto si que é imprescindible, a políticos de mentalidade minifundista.

 

 

Mos a 28 de setembro do 2018

Miguel Anxo Aldea Moscoso

Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos

Tlf: 628 141 093

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/politica-local/pp-vota-solucionar-problema-do-ancho-viais-do-concello/20180929125247000851.html


© 2018 Bloque Nacionalista Galego de Mos