Política Local
As emendas do BNG aos orzamentos do Concello de Mos procuran máis investimento en medio ambiente, cultura e benestar
26/nov./2021
Gustavo Barcia considera que as contas “non dan resposta ás necesidades da veciñanza” e reclama “reducir o gasto en piche e propaganda”
Proponse a creación dunha liña de axudas ás traídas de augas, reforzar o apoio ao tecido asociativo ou axudar aos sectores golpeados pola crise