O BNG continua coas reunións nas parroquias para dar a súa opinión sobre o Plan Xeral
Estase a recoller un gran malestar ante este PXOM
Co voto positivo do BNG para que o plan fora a exposición pública, conseguiuse que os cidadáns do concello puideran ver os planos e a situación urbanística na que o concello vai quedar nos vindeiros anos, e que a partires de aí, puideran tomar a palabra e mostrarnos aos grupos políticos a súa opinión sobre el.
Nestes momentos, tras levar feito un gran número de reunións parroquiais, e grazas ao que os cidadánas nos transmiten nesas reunións , o BNG de Mos ten constatado e reafirmado as eivas que ten o plan xeral . E podemos reafirmarnos tamén, en decir sen ningún tipo de problema, que este non é o plan xeral do BNG
Obviamente a necesidade dun plan de ordenación dentro dun concello está clara, pero sempre que non se perxudique a natureza real do tipo de asentamento que hai, Mos é un concello rural, e non urbano.
Neste momento o plan xeral contempla a posibilidade, e tamén o límite, de poder construir 4799 vivendas, das cales 2576 son en terreos calificados como urbanos, e centrados sobre todo en dous puntos máis importantes, Puxeiros e Sanguiñeda. E logo quedarían 2223 vivendas a repartir entre os 117 núcleos rurais que prevé o Plan. Soamente neste datos a groso modo, vese o desfase entre a edificabilidade que hai no rural e a do urbano, e tendo en conta o anteriormente dito, sobre a natureza rural do noso concello, esto ten que ser mudar de xeito claro. Nestes momentos hai núcleos que xa están ao 100% de edificabilidade, polo que non hai posibilidades de que un cidadán poda construir unha vivenda nese núcleo rural.
En moitas reunións se nos comenta que os fillos dos habitantes deste concello, van ter que seguir índose a outros lugares a vivir, e por desgraza, se segue adiante este plan sen ningún cambio, será certo.
As actuacións en terreos urbano delimitado a desenvolver( SUDR ) na zona de Puxeiros, nos parece a todas luces excesivas. Quérese actuar a través de plans parcias nunha superficie de 185.000 metros cadrados, podendo chegar a facer 445 vivendas en edificios de 4 e 5 alturas; e outro punto son os chans urbanos non consolidados ( que carecen de servizos), que contemplan actuacións en 81.138 metros cadrados, podendo facer 350 vivendas en edificios de 4 e 5 alturas. Todo esto só na zona de Puxeiros. Hai que potenciar esta zona como urbana, pero non neste grado de edificabilidade, reordenando, e divindo estas actuacións para facelas viables, chegando a acordos coas asociacións de veciños correspondentes, e nunca en detrimento do crecemento do resto do concello.
Ante toda esta situación, é necesario que os cidadáns fagan alegacións, que as aociacións de todo tipo se impliquen, e esta é sen dúbida unha das mensaxes que o BNG está espallando nas reunións. Entre todos e todas temos que mudar este plan xeral.
Como xa dixemos, o BNG de Mos vai presentar alegacións a este plan, xa non só polo dito ate o de agora, se non porque hai máis cousas coas que estamos en desacordo, tales como o que é unha legalización das naves que hai espalladas polo noso concello colocando illas de Solo Urbano Delimitado Industrial, que a posteriori terían que desenvolverese con plans especiais, pero de facto deixa permanecer nese lugar a industria, cuestión que nós consideramos fóra de lugar, por contar o no noso concello cun Polígono Industrial reciente e sen encher.
O vial que o plan prevé desde Puxeiros ate As Pozas, debe de ser sen dúbida ningunha modificado ou se non se fai esa modificación, eliminado. Así como as anchuras de moitos viais que deben de ser ampliados, e que aparecen con anchuras de8 metros cando é hoxe o día que se lle pide 9. Hai que facer un traballo para futuro e non para sair do paso.
Hai que lembrar que este plan aínda ten que ser aprobado dúas veces en pleno, polo que estas eivas graves deben de ser cambiadas antes da aprobación provisional. E por suposto o BNG manterá informada á veciñanza sobre o proceso e exporá publicamente o plan antes de ningunha aprobación máis.