O BNG fai reunións nas parroquias para dar a súa visión sobre o Plan Xeral
É importantísimo presentar alegacións aos erros do Plan
Estamos a vivir nestes momentos un dos procesos máis cruciais dentro da vida dun concello, a realización dun plan xeral de ordenación que vai decidir o futuro urbanístico do noso concello durante os 15 próximos anos.
Co voto positivo do BNG no anterior pleno, quixemos apoiar que se fixera público o plan, para que os cidadáns do concello puideran ver os planos e a partires de aí, que puideran tomar a palabra e mostrarnos aos grupos políticos a súa opinión sobre el. Hai que destacar que o documento do plan é un documento vivo, queremos dicer con isto, que vai mudar sen lugar a dúbidas grazas ás aportacións veciñais, tanto particulares como colectivas.
Nestes momentos, grazas ao que os cidadánas nos transmiten nas reunións que estamos a facer polas parroquias, desde o BNG estamos a darnos conta das grandes eivas que posee este plan. E o que queremos deixar claro ante a opinión pública, e que este non é o plan xeral do BNG. Obviamente a necesidade dun plan de ordenación dentro dun concello está clara, pero sempre que non se perxudique a natureza real do tipo de asentamento que hai, o que é obvio é que Mos é un concello rural, e non urbano.
Un dos puntos que é imprescindible cambiar, e no cal chegamos a acordo entre os partidos, é a necesidade de incrementar a posibilidade para poder edificar no rural, detraendo da zona urbana.
Neste momento o plan xeral contempla a posibilidade, e tamén o límite, de poder construir 4799 vivendas, das cales 2576 son en terreos calificados como urbanos, e centrados sobre todo en dous puntos máis importantes, Puxeiros e Sanguiñeda. E logo quedarían 2223 vivendas a repartir entre os 117 núcleos rurais que prevé o Plan. Soamente neste datos a groso modo, vese o desfase entre a edificabilidade que hai no rural e a do urbano, e tendo en conta o anteriormente dito, sobre a natureza rural do noso concello, esto ten que ser mudar de xeito claro. Nestes momentos hai núcleos que xa están ao 100% de edificabilidade, polo que non hai posibilidades de que un cidadán poda construir unha vivenda nese núcleo rural.
As actuacións en terreos urbano delimitado a desenvolver( SUDR ) na zona de Puxeiros, nos parece a todas luces excesivas. Quérese actuar a través de plans parcias nunha superficie de 185.000 metros cadrados, podendo chegar a facer 445 vivendas en edificios de 4 e 5 alturas; e outro punto son os chans urbanos non consolidados ( que carecen de servizos), que contemplan actuacións en 81.138 metros cadrados, podendo facer 350 vivendas en edificios de 4 e 5 alturas. Todo esto só na zona de Puxeiros. Hai que potenciar esta zona como urbana, pero non neste grado de edificabilidade, e nunca en detrimento do resto do concello.
Como o trasvase de edificabilidade hai que facelo, e o acordo entre partidos haino, é importantísimo que todos os cidadáns fagan as alegacións que estimen oportunas, e ademais tamén hai un compromiso de todos os grupos de contestar persoalmente a cada unha delas, para que os alegantes saiban en todo momento se foi aceptada a alegación ou non.
Como BNG, tamén consideramos que debido ao coñecemento que teñen os técnicos de Mos do territorio municipal,deben realizar un control efectivo, de todo o proceso no que se atopa o plan xeral, inclusive controlando as contestacións que se fagan ás alegacións presentadas.
No próximo pleno vanse levar estes acordos, para que así se fagan efectivos por parte de todos os grupos políticos. Obvia decir que o BNG de Mos vai presentar alegacións a este plan, xa non só polo dito ate o de agora, se non porque hai máis cousas coas que estamos en desacordo, tales como o que parece ser unha legalización das naves que hai espalladas polo noso concello colocando illas de Solo Urbano Delimitado Industrial, que a posteriori terían que desenvolverese con plans especiais, pero de facto deixa permanecer nese lugar a industria, cuestión que nós consideramos fóra de lugar por ter no noso concello un Polígono Industrial reciente e sen encher.
O vial que o plan prevé desde Puxeiros ate As Pozas, debe de ser sen dúbida ningunha modificado ou eliminado. Así como as anchuras de moitos viais que deben de ser ampliados, xa que estamos a facer un traballo para futuro e non para sair do paso.
Hai que lembrar que este plan aínda ten que ser aprobado dúas veces en pleno, polo que estas eivas graves deben de ser cambiadas antes da aprobación provisional.