O BNG de Mos solicita a ampliación do prazo de cobro voluntario da taxa do lixo e sumidoiros
Chega o último día de pago e hai moitas persoas que non teñen aínda o recibo
Estamos a piques de rematar o periodo voluntario de cobranza da Taxa do lixo e sumidoiros, que remata o día 11 deste mes, e ao BNG nos chegan queixas de usuarios que non teñen aínda o recibo para ir realizar o pago.
O Bng solicitou por rexistro a ampliación deste período de pago voluntario, xa que os cidadáns non teñen porque pagar un recargo cando non lle chega a casa o recibo. É responsabilidade do goberno investigar o porque desta situación, sendo tamén responsable de tomar as medidas oportunas para que non se repitan estes feitos.
O servizo de correos serve unha vez máis de informador veciñal, xa que son os que en primeira instancia reciben as queixas, e son eles os que informan da posibilidade de acercarse ao concello a pedir o recibo para que llo dean no momento, e así poder efectuar o pago.
Outro punto que non queremos esquecer, é a continua deixación que nestes recibos se fai do noso idioma, xa que estes recibos están escritos só en castelán, deixando de lado o mínimo rigor esixible no cumprimento da Lei de Normalización Lingüística que obriga a que o idioma galego estea presente en todos os escritos das administracións. Erro do que tamén foron avisados reiteradamente e fan caso omiso.