O BNG realiza un acto para todos os cidadáns, onde explicará a súa postura sobre o plan xeral .
Terá lugar no multiusos das Pozas o venres ás 20.30 horas.
Como continuación do labor levado a cabo polo BNG de Mos sobre o plan xeral, vaise celebrar un acto aberto a toda a cidadanía, onde se explicará polo miudo a posición do BNG sobre o documento que nestes momentos está en exposición pública.
As diverxencias co grupo de goberno son notorias, e ante a importancia deste periodo de alegacións, vemos a necesidade de facer este acto.
Hai moito que mudar neste plan , e está nas mans dos cidadáns o facelo.
Ao remate do acto terá lugar un coloquio sobre este tema.