O BNG reúnese coas ANPAs do concello
Falouse das necesidades que teñen os centros escolares.
A semana pasada o BNG de Mos mantivo unha reunión coas ANPAs dos colexios do noso concello, para que nos transmitiran as necesidades e problemáticas que teñen nos seus respectivos centros.
Estaba presente a recentemente elexida deputada Carme Adán, que se comprometeu a transmitir todo o que se falara, ao goberno galego, a través do deu labor parlamentar.
Unha das preocupacións máis importantes era todo o relativo as consecuencias dos recortes da Xunta de Galiza, tanto en materia de profesorado, como nos orzamentos dos centros. Enumeramos a continuación algunha da problemática:
- Os orzamentos dos centros son tan escasos que cabe a posibilidade real de non ter diñeiro para calefacción a finales deste ano,
- O profesorado de apoio disminuiu, e por riba ten que ir dun centro a outro porque ten que dar clase en distintos centros, o que trae consigo que pese ao esforzo do profedorado, disminua a calidade do seu traballo,
- As intalacións como comedores escolares, teñen que ser ampliadas en varios centros, habendo casos de ampliacións que se publicitan varias veces na prensa con visitas e fotografías, pero non se fai nada máis que eso, propaganda,
- Persoal de limpeza escaso, habendo casos nos que os productos de limpeza os mercan o propio persoal que limpa
- Problemas serios coa empresa Monbús, que actúa de xeito prepotente, sen puntualiade, non admitindo cambios en paradas, e carecendo de cinto de seguridade nalgúns autobuses
- Problemas coas fosas sépticas, que o concello non valeira por ser moi caro, e que produce malos cheiros.
- Falta de pequenas inversións, como melloras nos parques infantís dos centros, plantación de árbores,etc ....
- Ademais de melloras na seguridade da entrada dalgún centro escolar, concretamente, en Petelos, onde hai unha árbore inclinada que representa un perigo real, xa que outra semellante xa caeu, e o concello non toma medidas
Esta é unha mostra das necesidades e problemas dos centros escolares de Mos, que por unha parte desde o concello e por outra desde a Xunta non son atendidos, e nalgún caso se lle dá largas de xeito penoso.
No relativo ao goberno galego a nosa deputada transmitirá estas necesidades,e pola nosa parte o BNG de Mos presentará un escrito por rexistro para que leven a cabo as actuacións que piden as ANPAs e que redundan nalgún caso na seguridade dos rapaces e rapazas que acuden aoscentros