O concello incapaz de arranxar os baches fronte ao CEIP de Petelos
25 xan. 2013 - 23:21
Xa foron denunciados en máis ocasións
Carretera fronte ao CEIP de Petelos
Vemos reiteradamente na prensa moitos anuncios do concello sobre actuacións que se van levar a cabo, moitas delas con cansinas e reiteradas aparicións informativas, vendendo sempre a mesma obra. Pero na vida real, fóra da propaganda, seguimos vendo a ineficacia e ineptitude deste goberno.Xa denunciamos noutra ocasión o mal estado do firme do vial que está frente ao CEIP de Petelos, un lugar de constante paso de vehículos, a carón dun paso de peóns, e que xa ten como algo propio, a existencia de baches.
A existencia constante de gravilla, aumenta o perigo para calquera coche que pise o freno, e ao estar este lugar a carón da entrada do centro escolar, aumenta o perigo para os rapaces e rapazas que acuden ao centro. Esperar a que aconteza algo grave non pode ser a norma de actuación dun goberno.
Non podemos comprender como a estas alturas non se puxo remedio definitivo para algo tan sinxelo. De seguro o goberno estará ocupado noutros menesteres máis vistosos e comunicativos.
