A débeda municipal situase perto dos 14 millóns de euros
Cando o concello de Mos adheriuse ao Real Decreto de pago a proveedores, os particulares e empresas aos que o concello debía diñeiro puideron ver a luz ao final do túnel e conseguiron cobrar a débeda que tiña este concello con eles.
Esto non trouxo consigo que a débeda do concello se reducira, por suposto que non, a consecuencia foi que agora o cómputo de débeda bancaria disparouse de xeito notable. Porque está claro que o que se debe, sexa ao banco ou a empresas e particulares, é sempre débeda.
Nestes momentos o concello de Mos ten unha débeda de 13.7 millóns de euros, unha cantidade que se divide en 3 conceptos:
- Débeda bancaria: a que se refire aos créditos que se pediron aos bancos, e que suma a cantidade de 11.893.428,25
- Facturas pendentes de aprobación: que suman 1.428.651,44
- Facturas aprobadas pendentes de pago : que suman aorredor de 400.000 ( dato aproximado)
O discurso do PP de austeridade queda no esquecemento con datos coma este, e a aprobación do orzamento deste ano, como o do anterior, non é crible para ninguén á vista da situación da débeda. E eso que este ano é un dos dous de carencia nos préstamos, ou sexa que de momento non estamos a pagar interesas na cuota mensual.
De como se pode chegar a este nivel de endebedamento terá que dar explicacións o goberno local, xa que eles son os que gastan e fan incrementar as facturas.
A masiva subida de impostos que se levou a cabo o ano pasado, e que continua este, debido ao plan de viabilidade para poder adscribirse ao Real decreto, vai mitigar minimamente esta cantidade, pero pasando a responsabilidade aos de sempre, aos cidadáns do concello, mentras que os que causan este problema seguen a cobrar . Lembramos as 5 dedicacións exclusivas deste concello
A responsabilidade é do goberno, e non se pode pretender que a oposición solucione os problemas que eles mesmos están a crear constantemente. A discreccionalidade no gasto a ten o PP de Mos que está no goberno deste concello.
Mos a 12 de febreiro do 2013
Miguel Anxo Aldea Moscoso
Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos