O PP e o Psoe, nun pleno expres, aproban a discriminación salarial no concello de Mos

O PP e o Psoe, nun pleno expres, aproban a discriminación salarial no concello de Mos

A partires de agora pode haber dúas persoas facendo o mesmo labor e cobrando diferente.

 

Acabamos de asistir a unha consecuencia máis da nefasta política económica levada a cabo durante 4 anos polo PP no concello de Mos. Atopámonos nestes momentos, en que non hai diñeiro orzamentado para pagar a parte das nóminas do persoal de cooperación que vai ser contratado.

Hai persoal que se chama de cooperación, que ten que ser solicitado á Xunta e á Deputación, pagando estes organismos parte dos gastos xenerados por ese persoal, polo que o concello só ten que pagar unha parte. A solicitude faise sempre anualmente, e pode ser concedida ou non.

Por exemplo, dunha persoa que veña pola deputación, ( contratos de seis meses a 25 horas semanais), se o custe total mensual por traballador é de 1241 euros, o concello só ten que pagar 475 euros. E se o persoal ven pola Xunta, ( vaise solicitar 12 persoas, con contratos de entre 9 e 12 meses), a parte que ten que pagar o concello depende do grupo laboral ao que pertenza , para este persoal, se é que conceden todos os que se piden, habería que gastar entre 2013 e 2014 arredor de 336.207 euros, dos cales só o concello tiña que aportar uns 116.843 euros . E ollo que só parte tería que orzamentarse para este ano.

Hai que puntualizar , que no convenio do concello tanto en funcionarios como en persoal laborais, especifícase que o persoal de cooperación ten que cobrar o mesmo que o persoal do concello, Obviamente, a mesmo traballo mesma remuneración. Pois o goberno do concello, propón para abaratar custes e non ter que recortar noutras partidas,  “suspender a eficacia das condicións retributivas contempladas nos convenios colectivos que afecten a persoal laboral do Concello de Mos e no Acordo Regulador do Persoal Funcionario, na súa aplicación ao persoal subvencionado por outras administracións”.

A argumentación da alcaldía do PP, e que como non hai diñeiro, que é mellor que cobren menos, pero que polo menos así terían traballo. DEMAGOXIA  no seu maior esplendor. Señores do PP e do Psoe, no concello se non hai diñeiro será por que se gastou, e deso sabe moito o PP que leva catro anos gobernando, e hai que ter moito valor para utilizar as necesidades dos demais para rebaixarlles o salario, tendo 5 dedicacións exclusivas repartidas entre os políticos do goberno (170.000 euros anuais), cando se pagan pluses de productividad a certo  persoal, cando hai contratada a unha persoa para facer as notas de prensa, non se pode permitir que se diga que non hai diñeiro cando o que está é mal invertido. Se non hai diñeiro que xestionar para que se queren as adicacións exclusivas?

Non se pode permitir a discriminación cando se fai o mesmo traballo.

Doutra banda, e cambiando totalmente de tema, tanto o PP como o Psoe, toman o pelo aos estafados das preferentes e subordinadas, xa que acordouse no ter máis plenos ate o momento da solución do roubo que se lles fixo. Pero está claro que  tanto para o Psoe como para o PP, hai acordos que só os fan para quedar ben, e así o demostran neste caso. Eso si, cobrarán a súa asistencia correspondente por uns minutos de pleno, eso que non falte. O BNG por suposto non asistíu ao pleno extraordinario que se montou de xeito extremadamente rápido para facer efectiva a discriminación salarial no concello, e que doutra banda supón unha afrenta máis aos estafados das preferentes.

Mos a 22 de maio do 2013

O PP e o Psoe, nun pleno expres, aproban a discriminación salarial no concello de Mos