O PP dá mostras da súa hipocresía ao presentar unha moción polo día da muller traballadora.
Ínstanse a si mesmos a mellorar a lei
Cada vez que o PP trae unha moción para aprobar no pleno, non deixa de ser unha caixa de sorpresas. Queremos indicar que a aprobación nun pleno dunha moción, non debía quedar nun xesto puntual, se non que o compromiso que se adquire coa súa aprobación, é traballar para levala a cabo o antes posible. Pero o PP, que sabe moito de política barateira, apróbaas para eles quedar ben sen previsión ningunha de traballar na solución do problema tal como pasou coa das preferentes.
Pero esta vez toca sobre o día internacional da muller , é nesa moción ínstase aos concellos, á Xunta e ao goberno de Madrid, a incentivar,crear, elaborar programas, plans e toda unha serie de medidas para profundizar na igualdade entre xéneros.
Todo esto que acabamos de decir é absolutamente apoiable, pero o asunto toma outro cariz, cando o partido que a presenta resulta que ten a maioría abslouta en todos os estamentos políticos posible, concello, Xunta, deputación, estado, Europa,...entón xa a cuestión tórnase nunha tomadura de pelo inconmensurable, cando o propio partido que pode cambiar as leis, intenta falar en terceira persoa evadindo toda a responsabilidade que ten.
O cinismo é tal, que inclusive a nivel de concello se esixen a si mesmos a elaborar plans de igualdade. Habrase visto tal cousa? No orzamento do ano 2012, o PP de Mos leva 5000 euros para cada unha das partidas de Plan de Igualdade e Atención á muller, e resulta ser tan grande o seu interés por mellorar a situación muller, que no orzamento do ano 2013 baixan os orzamentos nestas partidas nun 40%, deixándoas nunha cantidade de 3000 euros cada unha.
Todo o que ate o de agora vimos contando, leva á conclusión de que o PP utiliza de xeito demagóxico as institucións para quedar ben e para tomar o pelo á cidadanía. Máis traballo e menos actos de propaganda
Mos a 27 de febreiro do 2013
Miguel Anxo Aldea Moscoso
Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos