O goberno do PP minte cando di que ten as contas do concello saneadasFan demagoxia económica co
Fan demagoxia económica co informe de intervención.
Estásenos acabando xa a capacidade de sorpresa con este goberno. A semana pasada lemos que o PP afirma ter as contas do concello saneadas, basta lembrarlle a asombrosa débeda municipal de 13,7 millóns de euros para desmentirlle ese absurda afirmación, pero imos falar da liquidación do orzamento propiamente dito.
Comecemos por partes, o PP di que o remanente de tesorería foi positivo no ano 2012, e que se pasou dun remanente negativo de -5.200.000 euros a un positivo de 203.000 euros. Ben, é sinxelo pensar tal como eles o contan, que desapareceron eses 5 millóns que debiamos en facturas, e eso é o que queren dar a entender; pero o que non contan é que eses millóns pasaron de deberse en facturas, a deberse ao banco, gracias ao crédito de pago a proveedores que se fixo o ano pasado. Ou sexa que eses 5 millóns en vez de chamalos remanente de tesorería negativo, agora hai que chamalos crédito que se debe ao banco. Ou sexa que de saneado nada.
A maiores, se un se fixa no informe de intervención, di que a eses 203.000 euros positivos, hai que sumarlle unhas facturas que quedaron pendentes do ano 2012, e que non se aprobaron dentro do ano natural. Esas facturas suman un importe de 660.457 euros ( case nada), e polo tanto según o informe, o remanente de tesorería debería ser negativo e nunha cantidade de -457.120 euros. O que pasa é que a lei permite facer este tipo de xogada económica.
E non acaban aquí as incogruencias ou medias verdades do goberno. Obviamente un informe como este dá para varias versións, pero hai cifras que realmente si que hai que decilas. Nun dos puntos referido ao aforro presupuestario bruto e neto , ou sexa para falar claro, a diferencia entre o que ingresamos e o que gastamos, resulta negativa en -174.000 euros, ou sexa que o que ingresa o concello non dá para pagar os gastos que se fan, contando como gasto por suposto tamén as cotas dos créditos, que este goberno parece obviar de xeito continuo para maquillar as contas.
Como sempre, este goberno do PP, fala en terceira persoa sobre a débeda municipal, e sobre a necesidade de subir impostos e taxas, como si eles non tiveran sido os culpables da enorme débeda, como se o goberno anterior non tivera sido tamén do PP.
As contas non están saneadas en absoluto, nin moito menos, e xa veremos o ano que ven cando haxa que empezar a pagar os xuros dos 8 millóns que se pediron no crédito para o pago de acreedores. A solución pasa por non facer gastos superfluos (que segue habendo), en reducir dedicacións exclusivas ( xenerosamente abultadas), en menos gastos de aistencias a órganos de goberno ( tamén xenerosamente abultadas) , en buscar de xeito urxente e meticuloso aos defraudadores de impostos (conexións ilegais de saneamento, auga, IBI sen pagar, etc..).
Pero como sempre este goberno o que si sabe facer é propaganda, só propaganda.
Miguel Anxo Aldea Moscoso (Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos)