AS CHAPIUZAS DO PP
O BNG de Mos presenta una moción propondo modificar o plan xeral para correxir os erros detectados e adaptalo á nova lexislación
O ancho dos viais un problema acuaciante
O plan xeral dun municipio é unha ferramenta importantísima de desenvolvemento, non tan só no ámbito do urbanismo, se non coma guía para mellorar a calidade de vida de todos os cidadáns do concello. E en todo este proceso os políticos son os que marcan as directrices que debe seguir o plan, podendo por suposto, resultar moi distintos plans dependendo de quen goberne.
E esto foi o que aconteceu en Mos. Unha vez aprobado o plan xeral, e tras obviar durante o seu trámite algunhas propostas tanto de AAVV coma de partidos políticos, dito plan comeza a amosar as carencias das que adolece. Algunhas xa avisadas nas alegacións e outras que son sobrevenidas.
O Bng leva a pleno a proposta , en forma de moción, para a modificación do plan xeral debido aos erros que contén, así coma para que se actualice.
Sería conveniente actualizalo á Lei do Solo de 19 de marzo 2016, así coma ao recentemente publicado Plan Básico Autonómico que complementa o plan actualmente en vigor.
Os erros que habería que subsanar serían entre outros:
As alineacións e anchos de viais, non permitindo anchos inferiores a 8 metros en ningún caso nos viais menos importantes e non permitindo anchos inferiores a 10 nos viais normais. E sempre aumentando ditos anchos, non se debe aspirar a un futuro de rúas estreitas.
Complementar o plan actual co inventario de camiños, depurando os erros que se atopen ( hai casos de viais privados que aparecen con alineacións no plan xeral)
Utilizar as normas subsidiarias para estudar o que sería de aplicación neste plan,( non todo era malo nas normas subsidiarias).
Estudar as ordenanzas, sobre todo a 2 ( residencial mixto) e a 5 ( industrial), revisando aproveitamentos e alturas.
Realizar estudo apantallamento radioeléctrico e outros, con éstos acortariamos o proceso das licencias que non terían que ser remitidas a AESA ( Axencia Estatal de Seguridade Aérea). Hai que lembrar que o noso concello está moi afectado por este tipo de afeccións
Obviamente esta revisión podería ser máis ampla, a medida que aparezan posibles melloras.
O Bng considera imprescindible esta modificación, que aínda que non faría que a nosa postura variara con respecto á negativa da súa aprobación, pero asume o Bng que calquera mellora hacia a cidadanía será sempre apoiada polo Bng.
Mos a 14 de setembro do 2018
Miguel Anxo Aldea Moscoso
Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos
Tlf: 628 141 093