NON QUEREMOS MÁIS ASFALTO

O BNG de Mos reafírmase na súa posición sobre a autovía a Vigo

AutoviaPP

A desconfianza é absoluta ante o anuncio do goberno central

O BNG de Mos reafírmase na súa posición sobre a autovía a Vigo

     Hai poucos días sorprendeunos o anuncio do presidente español sobre a próxima construcción da autovía entre Mos e Vigo. A historia demostra que hai que desconfiar deste tipo de anuncios, xa que, lonxe de poder ser mera propaganda, neste concello non se ten noticia de ningún proxecto nin boceto presentado ate o de agora.

  Temémonos que coma sempre, desde os despachos de Madrid se debuxen trazados que non respeten os nosos intereses coma mosenses e que só pensan en cantidade de coches e en custe total da obra.

   A postura do BNG de Mos sempre foi e será a mesma, é urxente e necesaria una nova autovía, por suposto, pero ten que ser en túnel e iniciándose desde a curva de Los Molinos, onde sempre ten dito o BNG.

   Este trazado subterráneo é o que menos afecta ao noso concello, que xa está farto de ser a porta de entrada dunha gran cidade sen recibir nada cambio.

   Desde o BNG instamos ao goberno local a que defenda esta postura coma a única admisible, e que non se deixe doblegar por intereses partidistas.

 

Mos a 05 de abril do 2018

Miguel Anxo Aldea Moscoso

Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos

Tlf: 628 141 093

O BNG de Mos reafírmase na súa posición sobre a autovía a Vigo