A PROPOSTA É FACER O MARTES DE ANTROIDO FESTIVO
O BNG propón cambiar un dos festivos locais do ano 2018
Para o pleno de xullo, o PP leva a aprobación dos festivos locais para o ano 2016. proponse o día 13 de xuño ( día da Rosa) e o 7 de agosto.
O Bng propón cambiar o festivo proposto para o día 13 de xuño e pasalo para ao martes de antroido. A implantación dos festivos en Mos non xenera demasiado seguimento nas empresas do concello, co que calquer festivo que só afecte ao noso concello non é demasiado efectivo. Ademais, a festa da Rosa non conta co arraigo suficiente, e como moitos cidadáns de Mos traballan en empresas que non pechan ou traballan noutros concellos, non poden acudir aos actos ese día, que poderían ser trasladados perfectamente ao fin de semana. A proposta que se fai de facelo en antroido, consideramos que beneficiaría aos cidadáns de Mos, e que poderia ter un maior seguimento.
O que si pedimos ao concello, e que sexa cal sexa a decisión, se traballe para que sexan realmente festivos, xa que hai moitas empresas de Mos que fan caso omiso dos festivos locais, e traballan eses días, polo que quedan totalmente desnaturalizados. Os empresarios deben comprometerse e pechar eses días, así é o único xeito de facer concello.
Espera o Bng que se faga ese cambio polo disfrute de tod@s @s cidadáns do concello
Mos a 29 de xullo do 2017
Miguel Anxo Aldea Moscoso
Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos
Tlf: 628 141 093